Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA DOS NOSOS AVÓS: ENQUISA (II)

Dentro da campaña que ten que ver co lema do curso "Respectamos a nosa identidade" traballamos en Sociolingüística sobre o USO DA LINGUA DOS NOSOS AVÓS.

O primeiro realizamos unha enquisa básica recollendo datos como o idioma, a data e lugar de nacemento e oficio dos nosos bisavós, avós e pais para logo preguntarmos polo idioma que falaban ou falan e pola lingua máis empregada por nós mesmos hoxe e responder cos datos de toda a clase na man ás seguintes respostas:

1- Por que os nosos bisavós falaban galego maioritariamente? (Dá unha resposta razoada con tres argumentos ben expostos).

2-Por que os nosos avós falan máis galego? Debemos fixarnos que moitos naceron antes da guerra (1936), pero que logo viviron o Franquismo.

3- Por que os nosos pais e nais pola contra e en xeral falan máis castelán segundo os resultados das enquisas? cales cres que son os motivos?

4- Cres que os nosos pais/ nais escolleron libremente o idioma que falan? Argumenta convenientemente a resposta.

5- Por que nós non usamos a lingua dos nosos avós e non falamos máis galego? Procura tres ou catro argumentos ben razoados.
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 28-03-2011 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal