Botémoslle unha ollada rápida á nosa lírica medieval, foi produto dunha época de esplendor cultural e nun contexto no que o galego era unha lingua normalizada. Este proceso tivo, como é lóxico, un período previo de desenvolvemento grzas á tradición oral autóctona que non madurou ata que chegou a escrita, proceso asociado ao Trobadorismo, é dicir, a unha moda de literatura culta que chegou a nós grazas ao Camiño de Santiago nun proceso de intercambio cultural cos reinos francos.
TRABALLO DE CREACIÓN: Convértete en protagonista dunha cantiga de amigo (se es unha moza) ou dunha cantiga de amor (se es un mozo). Poñemos a continuación un par de exemplos do que se pode facer a partir das cantigas de amigo de Martín Códax.