 O léxico básico dos instrumentos da música tradicional galega
CANTOS GRUPOS DE MÚSICA GALEGA COÑECES?
Sabes o nome de dez grupos galegos, que fagan ou fixeran música en galego? Seguro que che resulta difícil nomear máis de cinco.
Para que non nos pase iso, que saibamos do noso, que poidamos presumir da nosa cultura e de como calquera outra ten música de todos os estilos e gustos posibles imos desenvolver ao longo deste curso un traballo sobre a música galega, entendendo como música galega a que se fai e canta en galego ou que manifesta conexión coa nosa terra.
Poñamos para comezar 4 exemplos de estilos ben diferentes.
ACTIVIDADES
Comecemos pola música tradicional ou popular:
1- Cal é unha das pezas máis antiga da nos amúsica tradicional? Realiza as actividades do en lace que segue sobre esta peza tradiciónal anónima que posiblemente sexa unha das máis antigas que se conservaron por tradición ata que pasou a formar parte dun cancioneiro. Coñece a súa historia: O ROMANCE DE DON GAIFEROS DE MORMALTÁN
|