Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha historia do tempo de Defuntos

Constrúe un texto narrativo a partir desta viñeta e usando como elementos referenciais o que xa sabes sobre a morte e a tradición en Galicia. Escolle con esmero para esta historia o seu final, pensa logo tamén o ton, o ritmo máis axeitados, aqueles que che permitan poñer en práctica e amosar no texto creado as túas destrezas literarias máis sutís e deleitosas.

Has de reflexionar sobre a voz narrativa que vas usar, de entre as varias posibles e, claro está, o/a ou os/as teu(s)/túa(s) protagonista(s). Podes usar a descrición de espazos e o diálogo de personaxes, ou se cadra botarás man dunha narración sen máis. Pero enche o texto de recursos estilísticos que fagan o texto atractivo e intenso. Un consello esencial: Debes coidar a ortografía, pasarlle o corrector e procurar non ter nin unha soa falta. Sorpréndenos!

NOTA DE INTERESE: Esta pequena obra poderá sumarche un punto nesta avaliación a túa nota mais só haberá tres textos seleccionados por aula canxeables por unha das preguntas do próximo exame de galego. Anímate a probar sorte!
Comentarios (0) - Categoría: CREOCOMUNICACIóN - Publicado o 28-10-2022 05:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0