 Debemos repasar o xénero e o número tanto para substantivos como para adxectivos porque con frecuencia galego e castelán non coinciden e hhai qu evitar as interferencias para lograr un grao de competencia lingüística axeitado. Podes ler no seguinte enlace a teoría ademais de observar numerosos exemplos O XÉNERO E NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS
SUBSTANTIVOS MASCULINOS E FEMININOS EN GALEGO
Sonmasculinos en galego:
- Os nomes das letras ( o a, o eme...)
- Os substantivos acabados en -ote (o pote, o dote) e os acabados en -me (o arame, o costume...)
- Os nomes dos ríos, montes, cabos, océanos, mares e puntos cardinais (O Courel, O Atlántico...)
Son femininos en galego:
- Os substantivos acabados en -xe agás o traxe, o paxe e o garaxe (a paisaxe, a viaxe...).
- os acabados en -se (a analise, a parentese, a crise...)
Os acabados en -ite (a hepatite, a larinxite...)
- Tamén case todas as árbores froiteiras ( a pereira, a laranxeira, a cerdeira...) aínda que existen excepcións (o castiñeiro, o limoeiro, o pexegueiro...)
Exercicio para colocar o artigo masculino ou feminino
AS REGRAS DE CONSTRUCIÓN DO FEMININO:
- A regra máis frecuente na formación do xénero feminino é substituír a vogal do masculino por -a (lobo/ loba, xefe, xefa...).
- Os subtantivos acabados en vogal tónica ou -r engaden -a (avó/ avoa, doutor/doutora).
- Os substantivos rematados en -n
poden conservar o -n e engadir -a (bailarín/bailarina).
poden perdelo (irmán/irmá, alemán/alemá)
- Os susbtantivos rematados en -ano fan feminino en - ana (humano/ humana, romano/romana).
- Algúns substantivos forman o feminino mediante sufixos - esa, -iña (abade/abadesa, galo/galiña)
-Algúns substantivos teñen unha palabra distinta para o masculino e para o feminino (home/muller/ cabalo/égoa).
- Hai substantivos que se distinguen ao engadir macho-femia ( formiga macho/formiga femia)
- Algúns substantivos forman o xénero antepoñendo os artigos o/a (o pianista/a pianista, o atleta/a atleta).
Exercicios pasar a feminino
O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS
- Os susbtantivos rematados en vogal ou en -n engaden un -s (casa/casas, can/cans)
- Os susbtantivos rematados en - ou en -z ou en -s engaden -es (mar/mares, cruz/ cruces, país/ países)
Ollo cos rematados en -L
- Os substantivos monosílabos ou polisílabos graves engaden -s (sol/soles, túnel/túneles)
- Os susbtantivos agudos rematados en -l substitúen o -l por un -is (anel/aneis)
-Os susbtantivos agudos renatados en -il substitúen o -l por -s (fusil/fusís)
Existen substantivos invariables como Luns, martes, mércores, xoves, venres, choromicas, lapis, oasis, tórax, climax...
Para indicar unha pluralidade usaremos nestes casos os artigos ou determinantes, adxectivos ou verbos (Os luns son duros, bonitos oasis...)
- Os estranxeirismos angaden un -s (club/clubs, pub/pubs)
Exercicios poñer en plural |