Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NO CAMIÑO DA IDENTIDADE

Cara a onde vas?...De onde vés?... Por que vas alí?... Que buscas aquí?... Que é o que fas dando tantas voltas?...

Comezamos un novo curso e as preguntas asáltannos a cada paso que damos, interrogándonos de seguido. Neste curso seremos quen de despexar algunha das dúbidas aínda pendentes de resolver? A que vén a conto agora falar da lingua que usamos? Por certo cando, canto e como usamos a nosa lingua? Ten iso importancia?

UNHA ACTIVIDADE
Le o seguinte texto e responde logo as seguintes preguntas:

NO CAMIÑO DA IDENTIDADE
Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.

Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.

O galego é pois un exercicio de liberdade porque nos permite saber quen somos. Sempre somos no presente porque fomos un antes, porque houbo un pasado que nos deu sentido e tamén deunos paso á vida na terra que pisamos e recoñecemos como nosa. Un exercicio de liberdade, un dereito que se renova cada xeración, pero tamén un compromiso de lealdade e responsabilidade, un deber con aqueles que nos ofreceron este xeito de seren orixinais, auténticos e diversos no universo enriquecendo coa nosa lingua a variedade de idiomas que define ao ser humano.


Cuestións:
1-Como nace unha lingua?

2- Por que o galego é como un ser vivo? Cal sería a etapa da súa adolescencia?

3-É certo que cada lingua é quen de amosar e/ou entender o mundo dun xeito diferente?. Razoa a resposta lembrándote do que dicía Castelao: Todos os cans do mundo ouvean do mesmo xeito.

4- Sabemos que é de xustiza garantir a pervivencia da variedade de linguas no mundo, sustentadoras das culturas da humanidade. Falar galego é logo, un exercicio de liberdade e de responsabilidade á vez? Razoa a resposta.

5- Por que motivos pensas ti, sendo galego/a, non falas máis galego?
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 14-09-2021 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0