 Tipos de topónimos.
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Mouta…
Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:
Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)
Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)
Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)
Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)
Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)
Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)
Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)
B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
PRERROMANOS:
a) Preindoeuropeos
b) Prerromanos
c) Proto e Pre céltico
d) Ilirio (ambro-lígur)
POSROMANOS:
a) Latinos
b) Xermánicos (superestrato)
c) Árabes
d) Procedencia moderna
Características que presentan ambos grupos:
PRERROMANOS:
a) Menos abundante.
b) Rara vez conectada coa lingua actual.
c) Opaca no seu significado.
d) Cunha raíz pouco alterada e fácil de
identificar.
e) Adoitan ser orónimos e hidrónimos.
POSROMANOS:
a) Máis abondosos
b) Máis conexión coa lingua actual
c) Un significado máis transparente.
d) Cunha raíz máis alterada e algo máis
difícil de identificar.
e) Son de calquera tipoloxía, máis escasos
orónimos e hidrónimos
|