Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proposta lectura 2ª e 3ª avaliación

A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos.

As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan así, debe ser o correcto).Iso afórranos traballo. Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se pensou que a terra era plana?).

Este libro repara na importancia de convidar á reflexión, a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións, sen prexuízos sobre a lingua galega.

Preguntas sobre o Limiar, Capítulo 1 e 2:

1-No primeiro capítulo na procura da verdade que se pretende combater: As _____________
2- Que tipo de exercicios usa o autor para axudar a evitalas?
3- Outro problema que se pretende resolver dende o inicio é a influencia das distorsións sobre a realidade. Con que exercicio intenta axudar a superar este problema? Cres que é válido este método?
4- No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.
5- Despois de ler o capítulo podes ir respondendo en base a ese cadro as seguinytes cuestións:
- Que teñen en común as linguas da primeira columna? e que comparten as da segunda?
6- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere? Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?
7- Lembras algunha película, ademas da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 17-12-2019 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal