Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O galego: Un sentimento de liberdade.
" O galego culto que hoxe se exprese en galego, por ese só feito demostra levar na alma un nidio sentimento de liberdade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre, co fin de lles dar o tempero preciso para que poidan fecundar mortas terras, cheas de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia.

...Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?
"


Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira.

CUESTIÓNS:
1-Que relación ten a liberdade coa nosa lingua?
Para o autor falar galego representa un compromiso, por que?

2- Explica as metáforas contrapostas no texto a da liberdade e a da escravitude.

3- Como podes traducir coas túas palabras “redimirse da servidume do mimetismo”.

4- Por que parece tan importante ser orixinais no universo?

5- Ponlle ti un título a este texto.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 23-09-2019 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal