Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A alba da liberdade
Comezamos o curso traballando nesta Unidade CERO sobre a Liberdade... xa o dicía a nosa Rosalía nun momento no que era difícil erguer a voz para falar da liberdade. Imos analizar a relación da liberdade coa lingua galega tomando como punto de partida este texto:

"Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude.

Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza.

Cando os señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande cá súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual a miña feitura, e que a súa carne é igual a miña carne.

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino”.


Preguntamos sobre este texto:

1- Rosalía quere explicar o sentir da súa poesía, fala de cantos de independencia e liberdade...Indica e explica a contraposición (tamén chamada antítese)que introduce no primeiro parágrafo do texto.

2-A seguir usa unha serie de comparacións. Enuméraas e explica a súa relación coa liberdade. Non esquezas de comentar tamén: soberbio como Luzbel e doce coma a esperanza.

3- Procura o significado das seguintes palabras : oprobio e iniquidade para redactar coas túas palabras o contido do terceiro parágrafo.

4- Despois de ler o texto e, en especial o último parágrafo, por que cres que é tan importante para Rosalía sentirse libre?


Para seguir coa reflexión sobre o ser humano e a lingua deixamos OUTROS TEXTOS A TER EN CONTA ANTES DE CONTINUAR:

Sobre as linguas e os seres humanos.

Sobre como poder ser verdadeiramente universais.

Sobre o dereito a ser diferentes.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 22-09-2019 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal