Tras da lectura das páxinas 154 e 155 do libro imos tentar saber realmente cal é a situación legal (o galego nas administracións e na sociedade a través das leis) do galego respondendo en detalle a estas preguntas:
1-Que é o Estatuto de Autonomía de Galicia? O noso Estatuto é o primeiro que temos?
2-Que é a Lei de Normalización?
3-Para que serve o Plan Xeral de Normalización?
4-Que é a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias? O goberno español asinou esta carta no ano 1992.
5- Cal é a situación legal do galego fóra da Galicia administrativa?
Finalmente imos realizar unha crónica (texto xornalístico a medio camiño entre a notocia, a reportaxe e a opinión) sobre a situación legal do galego no momento presente.
|