Sabías que...
A toponimia en Galicia é a máis rica da Península. En Galicia conservamos a metade dos topónimos do conxunto do Estado?
Sabías que...
A toponimia de Marín foi a primeira en contar cun estudo propio feito por Elixio Rivas dende o Colexio San Narciso ?
Imos logo fachendear de topónimos!
Traballo en grupo ou individual.
A) Preparamos os contidos para realizar unha gravación explicando 10 topónimos de Marín.
Os lugares nos que ti vives, os espazos nos que te moves a diario teñen nome, imos saber por que se chaman así.
Procurar a orixe de 1O topónimos e coñecer a súa orixe:
- Preromana, latina, xermánica, árabe, lingua romance...
Procurar o seu significado:
- Que quere dicir o topónimo se é un orónimo (describe a forma do terreo) ou antropónimo ( deriva do nome dunha persoa), ou un zootopónimo (ten relación con algún animal), ou fitotopónimo ( aluden ás árbores), ou hidrotopónimos(fan referencia á auga, ríos), haxiotopónimos (levan o nome dun santo ou construcións relixiosas), etc...
Se eles o fixeron por que non o intentamos nós tamén?
Presentación do traballo: Unha vez preparado o texto cos des topónimos escollidos, estudados e documentados, imos rodar
un vídeo cun móbil para podelo proxectar na aula.
Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 13-02-2019 06:25