Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballo sobre a voz da muller

Imos abordar un traballo sobre a voz da muller galega ao longo dos tempos. O obxectivo é visualizar nun formato de revista esas voces galegas de mulleres de distintas épocas.

Se dicimos muller e galega, pensamos seguramente en Rosalía, pode ser esta o punto de partida ou de chegada, mesmo unha referencia central da revista que elaboremos en grupo.

Cada grupo deberá realizar a edición dun monográfico ao que lle debe dar un título e un editorial (isto xunto co deseño global que poñades en común, non debe ir asinado, pero os restantes artigos, entrevistas, reportaxes, crónicas, etc... deben levar unha referencia ao autor dos mesmos e unha breve reseña da bibliografía usada).

O prazo de entrega será o 11 de abril.



Traballamos con tres referencias iniciais:

A voz da muller en Rosalía.

A voz da muller na Idade media e o contraste coa actualidade.

As mulleres de hoxe e de onte anónimas e silenciadas ás que queremos darlles voz.



Para contrastar coa voz da muller de hoxe, no libro de clase hai no segundo volume un monográfico específico (páx.184-189), no que tamén aparece a entrevista a cantautora Ses. Ademais da cantante SES, tes no mundo do folk galego, herdeiras das pandereteiras tradicionais (que son á vez continuación a lírica medieval tradicional feminina) a moitas outras mulleres e instrumentistas destacadas den Guadi Galego a Uxía Senlle ou dende Susana Seivane a Mercedes Peón. Grupos formados exclusivamente por mulleres como Habelas Hainas, etc...

Na música coral The Vacas, da música clásica ata o rap e un longo etc.


Comentarios (0) - Categoría: CREOCOMUNICACIóN - Publicado o 14-03-2018 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal