Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A voz de muller de Rosalía
Hai poucas literaturas no mundo onde de xeito indiscutible haxa unha autora, unha muller que as represente. A literatura galega conta con Rosalía como a máis destacable dos creadores e creadoras das nosas letras de todos os tempos.Por iso é importante que vaiamos coñecendo mellor o seu mundo literario, curos a curso:


Imos indagar sobre certos datos biográficos e tamén é imprescindible facelo sobre os seus versos:




Temáticas dos versos de Rosalía:

Rosalía inspirouse para escribir en galego nas cantigas da tradición oral de aí que a súa poesía presente unha temática costumista que describe costumes e tradicións propias do pobo galego seguindo o modelo doutros autores (entre eles as Coplas do P.Sarmiento). Tamén estaba moi de moda na súa época, a temática amorosa.
Ela como poeta vai superar a etapa do Romanticismo cunha temática intimista moi persoal, tanto no contido como no formal con figuras como plurisignificativas como a "negra sombra" que fan de Rosalía unha poeta innovadora. Tamén ten unha grande transcendencia a temática social-reivindicativa de dignificación da terra, de denuncia das inxustizas e, especialmente, de protagonismo da muller. A Rosalía preocúpanlle a dor colectiva, pero fai fincapé na da muller, procura darlle voz ás mulleres e singularmente a muller galega. No seu poemario Cantares Gallegos comeza e remata con composicións onde invita a unha meniña gaiteira a cantar.
Has de cantar
meniña gaiteira
has de cantar
que morro de pena...

Canta si queres,
na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.

Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena...

Case no final do libro nun dos últimos poemas di:
Eu cantar, cantar, cantei,
a grasia non era moita...
,

Canta que te canta, mentras
os corazóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimiento me sobra,
anque este tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora...

Tamén un dos últimos poemas é a alborada un poema cun fondo valor simbólico. A Alborada como metáfora da esperanza dun futuro que ha de vir, protagonizado pola mocidade, e de novo polas rapaciñas:

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad!,



1- Procuremos agora as cantigas/poemas de Rosalía nas que se evidencia unha voz de muller e escollamos os que máis nos gusten.

2-Procura ademais antes de pasar a cometalo, unha boa tradución ao galego do texto que nos leu Natalia Carou de Rosalía que lemos tamén o venres na celebración do Día de Rosalía no San Narciso
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 25-02-2018 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal