Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DE ROSALÍA A SES

Imos realizar un traballo de creocomunicación para galego no que realicemos unha aproximación aos textos xornalísticos.

O tema é a voz feminina na cultura galega o prazo o 21 de marzo.

Sarmiento, o curioso erudito do século XVIII deixou dito: "Teño observado que en Galicia as mulleres non só son poetisas, senón tamén músicas naturais. Xeneralmente falando, en Castela como en Portugal e noutras provincias, os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons ou aires; e así se ve que neste xénero de coplas populares falan os homes coas mulleres, oo para amalas ou para satirizalas. En Galicia é o contrario. Na maior parte das coplas galegas falan as mulleres cos homes; e é porque elas son as que inventan as coplas, sen artificio algún; e elas mesmas son as que inventan os tons ou aires as que han de cantar, sen ter idea da Arte musical."

Nós imos comprobar que dende o século XVIII ata hoxe isto segue sendo unha realidade en Galicia.

DE ROSALÍA A SES é unha experiencia de creación dun xornal único en edición especial para avaliar ata que punto é certo isto que afirmaba sarmiento no século XVIII. Podemos usar como referencias o libro do 2º trimestre tema 5.

O traballo de ter formato de revista, conter unha editorial, novas, artigos de opinión, entrevistas e reportaxes. Para poder enchela de contido deixamos aquí algúns enlaces de interese onde rastrexar a presenza da muller na poesía,na literatura e na música galega:

- Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, Concepción Arenal, Maruxa Mallo o álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega é moi interesante, as mulleres das Irmandades

-Asociación de escritoras e escritores galegos, onde podes encontrar narradoras ou tamén poetas como Yolanda Castaño,ou Ana Romaní e un longo etc...
-Músicaengalego onde podes achar a Uxía Senlle, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Rosa Cedrón,Cristina Pato, Susana Seivane, ou a grupos de mulleres Nordestinas, The Vacas, Faltriqueira, Ialma...
- Para unha posible entrevista hai autoras que viven en Marín como Elena Gallego Abad, ou pandereteiras dalgún grupo de de folclore tradicional.
- Autoras na Banda deseñada
Comentarios (0) - Categoría: CREOCOMUNICACIóN - Publicado o 03-03-2017 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal