Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SUBSTANTIVOS, ADXECTIVOS E VERBOS

Imos traballar con estas tres clases de palabras variables, ver como se identifican, o seu xénero e número e como concordan entre si á hora de apareceren xuntas.

OS SUBSTANTIVOS: Son palabras variables que designan entidades como persoas, animais, plantas, cousas, sentimentos ou ideas. Por exemplo: rapaza, vaca, castaña, ordenador, amor, adolescencia, xustiza.

COMO SE RECOÑECEN
Son con frecuencia o núcleo na frase substantiva ou da frase nominal, poden desempeñar a función de suxeito nas oracións.

TIPOS DE SUBSTANTIVOS
Comúns e Propios:
Concretos e Abstractos:
Contables e incontables:
Individuais e Colectivos:

O XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS

Son masculinos en galego: Os nomes das letras ( o eme, o ele), os rematados en -ote (dote, lote), -me (costume, legume, lume).

Son femininos en galego: moitas árbores ( a laranxeira, a figueira, a oliveira), os substantivos rematados en -axe (paisaxe, sondaxe, agás o traxe, o paxe , o garaxe e o/a personaxe) e os rematados en -se, -ite (a análise, a dermatite).

Podes ampliar esta lista aquí.

Os susbtantivos poden variar de xénero seguindo este cadro:
MASCULINO / FEMININO / Exemplos
-o, -e / -a fillo/-a, presidente/-a
-eu / -ía xudeu/ xudía
-ó,-r,-l,-z,-s,-ín/ -a avó/-a, señor/-a,...
-án / -á ou -ana/ ancián/-á,paspán/-ana
- ón /-oa ou -ona/ patrón/-a abusón/-ona

Outra explicación con exemplos

A FORMACIÓN DO PLURAL
SINGULAR rematado en: / PLURAL / EXEMPLOS
vogal , ditongo ou-n / -s café/-s rei/-s can/-s
-r, -z, -s(agudas monosílabas)/-es/ calor/-es mes/-es
-s(graves, esdrúxulas, grupo cons)/non varía/ lapis/ luns
- x /non varía/ fax, unisex
-l (monosilábico, polisílabo grave)/-es/ val/-es/túnel/-es
-l (polisílabo agudo) /-is/ papel/papeis

OS ADXECTIVOS
Os adxectivos cualificativos son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos.

COMO SE RECOÑECEN
Son frecuentemente modificadores nas frases substantivas ao complementar aos substantivos e concordar en xénero e número con eles.

TIPOS DE ADXECTIVOS

XÉNERO E NÚMERO DOS ADXECTIVOS
Seguen as mesmas que os substantivos como podes comprobar aquí.

O GRAO DOS ADXECTIVOS
Os adxectivos poden presentar distintos graos: positivo, comparativo e superlativo.

Uso de ca e coma no comparativo.

Exercicios con substantivos e adxectivos.

OS VERBOS REGULARES: O 80% dos verbos galegos son regulares e presentan para a conxugación unhas mesmas formas, polo que é doado dominar axiña a estrutura de tempos e modos dos nosos verbos. como poderás comprobar na práctica nos exercicios que che propoñemos máis abaixo.

Exercicios cos verbos
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 14-11-2016 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 hector pasachetes no exa#blgtk08#me, foi moito
:(
Comentario por marie curie (24-10-2018 15:26)
2 Se estudas #blgtk08#é facil xd
Comentario por ΚΩΝΣΤΑΝΤ&# (24-10-2018 17:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal