Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

É DE XUSTIZA
O GALEGO, UN EXERCICIO DE LIBERDADE.

Unha comunidade que vive nunha territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza. Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, fainos humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen a súa fala, sen as voces que esa lingual lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais e de comprensión e interpretación do mundo, non serían ninguén.

O galego é pois un exercicio de liberdade porque nos permite saber quen somos e sempre somos no presente porque fomos un antes, porque houbo un pasado que nos deu sentido e tamén deunos paso á vida na terra que pisamos e recoñecemos como nosa. Un exercicio de liberdade, un dereito que se renova cada xeración e tamén un compromiso de lealdade, un deber con aqueles que nos ofreceron este xeito de seren orixinais, auténticos e diversos no universo enriquecendo coa nosa lingua a variedade de idiomas que usa e definen ao ser humano.

Cuestións:
Como nace unha lingua?

Por que o galego é como un ser vivo? Cal sería a etapa da súa adolescencia?

É certo que cada lingua é quen de amosar e/ou entender o mundo dun xeito diferente?. Razóa a resposta lembrándote do que dicía Castelao: Todos os cans do mundo ouvean do mesmo xeito.

Sabemos que é de xustiza a pervivencia da variedade de linguas no mundo, sustentadoras das culturas da humanidade. É, logo, un exercicio de liberdade falar galego? Razoa a resposta.

Por que motivos pensas ti que non falas galego, se es galego/a?
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 09-10-2016 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal