Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manuel María achégase cunhas zocas na mao


Fanse zocas pechadas e chinelas
En Loentia,Duarría e Formarán.
Non hai zocas xeitosas como elas:
ben lle caen ó pé e ben se tran!

Foron afumadas cun casqueiro.
Ó andar son ledas, cantareiras.
Aunque feitas de bido ou amieiro
son, como o vento, de lixeiras!

A gracia da abidueira
Atopou o seu destino,
Fíxose zoca chinela,
apreixa un pé femenino!

Fíxose zoca chinela
A abidueira lanzal.
Agora sobor da acera
Canta con voz musical!

A Zoca xa é canción
Delgada como asubío
Que aprendeu a abidueira
Dos merlos de xunto ó río.


Fíxose zoca chinela
A gracia da abidueira
E vai marcando na acera
os puntos da muiñeira!
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-04-2016 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal