Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN AVÓ QUE NOS DEIXOU A SÚA VOZ
Imos escoitar un Romance, o máis vello dos que se coñecen cantado en galego. Trátase dunha historia relacionada co Camiño de Santiago de un peregrino chamado D. Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices, un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona.

Escoitemos o Romance:


Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945:

Onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a onde irá?
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar.
Malpocado, pobre vello,
non sei se alí chegará.

Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar.
Ollos gazos, leonados,
verdes coma a auga do mar.

E a onde ides, meu romeiro?
Onde queredes chegar?
Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar

Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai.
Reluciente en sete soles,
brillante como un altar.

Cóllase a min, meu velliño,
vamos xuntos camiñar.
Eu son trobeiro das trobas
da Virxen de Bonaval.

I eu chámome Don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán.
Se agora non teño forzas
meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela
e foron á Catedral.
Ai, desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán.

Gracias, meu señor Santiago,
aos vosos pés me tes xa.
Si queres tirarme a vida
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa catedral.

E o vello das brancas barbas
caiu tendido no chan,
pechou os seus ollos verdes,
verdes como a auga do mar.

O obispo que esto viu
alí o mandou enterrar.
E así morreu, meus señores,
Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos milagres
que Santiago Apostol fai.

Aquí deixamos outra versión máis moderna do tema:



Investigación:
1-O teu avó ou a túa avoa seguro que coñecen algunha vella cantiga que aínda ti non escoitaches, fai unha pequena recolleita entre as persoas maiores que coñezas ata lograr recuperar para a túa memoria unha cantiga galega tradicional.
2- Investiga se foi verdade o caso de Don Gaiferos de Mormaltán.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 28-09-2015 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal