O Entroido é un dos festexos tradicionais que en Galicia teñen unha gran trasncendencia ao se considerar un dos dez máis orixinais do mundo.
Dúas son as claves polas que se considera tal cousa:
- A súa diversidade e especificidade polas súas peculiares máscaras: peliqueiros en Laza, felos de Maceda, cigarróns de Verín, pantallas de Xinzo, boteiros de Vilariño de Conso...
- A duración do seu calendario: en distintos puntos de Ourense comeza xa no San Antón laconeiro (17 de xaneiro) ou nas candelas (2 de febreiro). En Xinzo celébrase o máis longo da península.
Reparemos na súa orixe e significado
A palabra Entroido do latín introitus indícanos que é a celebración dunha entrada, é dicir, da preparación do comezo da primavera, un ciclo agrario e rural moi antigo e diverso que grazas á Igrexa foise comprimindo e conservando no calendario de festexos tradicionais nunha datas previas á Coresma (ciclo de corenta días de xexún previos á celebración da morte e resurrección de Cristo)que denominaron carnaval, ou o que é o mesmo "adeus á carne".
O calendario máis estenso sería:
Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de entroido
Luns de entroido
Martes de entroido
Mércores de cinza
Domingo de piñata.
Finalmente destacar que ao ter afinidade cultural co Norte de Portugal, como vimos destacando, atopamos as mesmas tradicións ao outro lado da fronteira. Vexamos un exemplo, moi semellante aos boteiros de Vilariño de Conso, os Caretos de Podence: