Decidimos dedicarlle ao día 2 de febreiro o Día escolar do refraneiro:
Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro
É unha das ferramentas da nosa tradición oral para transmitir consellos a través dunha frase curta, un pareado rimado.
Cando a Candelaria chora,
a mitá do inverno está fora;
se chora ou ri,
a mitá do inverno está por vir,
e se chora ou fai vento,
aínda o inverno está dentro.
O dous de febreiro súbete ó outeiro;
se ves negrexar ponte a cantar;
se ves branquexar bótate a chorar.
"En febreiro, sete capas e un sombreiro".
Din que casan os paxaros na Candelaria o 2 de febreiro
O día de San Brais ten dúas horas máis
Pero hai refráns que están cargados de prexuízos e que debemos saber ler con sentido crítico:
Febreiro e as mulleres,
no día teñen sete pareceres
|