|
|
|
Rematamos co romance da historia da nosa lingua. |
|

O SÉCULO XX
XIII
E tantas altas empresas
e tantos feitos honrosos
que en Galicia procuraban
un abrente esplendoroso.
Castelao e Vilar Ponte
Bóveda, Otero Pedrayo,
¡Que gran xente aquela xente,
que esplendor extraordinario!
No trinteseis o Estatuto
fixo un pouco de xusticia
recoñecendo o galego
como lingua de Galicia.
Pero a guerra fratricida
desfixo toda esperanza
e a vida de moita xente
de imborrable relembranza.
Cuestións:
Ademais de escritores como Castelao, Vilar Ponte... estes autores fundaron un partido, como se chamaba?
Quen impulsou o primeiro Estatuto de autonomía para Galicia?
Cales eran os principais logros deste Estatuto?
Que impediu a posta en marcha do Estatuto? Quen provocou esta situación?
XIV
Foron anos de silencio,
de persecución e pranto:
"A longa noite de pedra"
enchía os peitos de espanto.
Por fin foron renacendo
novas luces pequeniñas
e Galicia agurgullaba
nas xuntanzas clandestinas.
Novos poetas cantaron,
contaron os narradores,
e "a longa noite de pedra"
clarexaba cos fulgores.
Galaxia, O Castro, Castrelos
editaban en galego
e a patria nosa xurdía
e empezaba a ve-lo ceo.
Cuestións:
Como se pode chamar doutro xeito a esta ?longa noite de pedra??
Estaban permitidos daquela os partidos políticos? Como realizaban a súa función?
QUE TEÑO QUE SABER SOBRE ESTA ETAPA:
O GALEGO NO SÉCULO XX
IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en referendum polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.
X- O Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua. O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas.
XI- Un difícil proceso de recuperación da identidade: Arredor do 1950 en condicións moi desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras Galegas a partir do ano 1963. Pequenos pasos que son acompañados da vertebración na ilegalidade dos partidos políticos que van preparando o camiño de volta da democracia e con ela dos dereitos históricos das distintas identidades nacionais do Estado Español tras corenta anos de ditadura.
XV
En Santiago canta o Galo,
loce o Facho na Coruña
e en Ourense, Vigo e Lugo
dase nova testemuña.
A enseña da democracia
ten o brasón en galego
e na fábrica e nas aulas
soa a língua dos antergos.
Mozos sabios e patriotas
ordenan a lingua nosa;
fana culta e ordenada,
fana lóxica e fermosa.
Entra a lingua nas escolas
e se inda non é señora
ten dereitos proclamados,
anque ten máis a de fóra.
Cuestións:
Que son ? o galo? e ? O facho??
Que trouxo consigo a recuperación da democracia?
Como podes interpretar estes dous versos?
ten dereitos proclamados,
anque ten máis a de fóra.
XVI
Xa se fala nos lugares
onde lle era antes vedado,
inda que hai quen a discute
porque hai moito desleigado.
Inda hai pais que son contrarios
a que a aprendan os seus fillos
sexa porque non o pensan
ou que os movan catro pillos.
Este noso antigo idioma
é unha lingua de cultura
e é vergoña pra un galego
non falala con soltura.
"O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu,
nin é merecente dela".
Cuestións:
Que problemas ten a lingua nesta etapa na que vivimos?
Que cres que diferenza a un galego habitante dun galego falante?
XVII
Así falaba un poeta
noutro tempo deste asunto,
e agora vai sendo hora
de poñerlle á historia punto.
Esta historia é diferente
doutros romances de cegos;
non se sabe inda o remate,
pois depende dos galegos.
Nenos, homes e mulleres
desta terra adormentada,
rematouse xa o romance,
e escomenza a pandeirada:
¡ARRIBA POBO GALEGO,
ARRIBA LINGUA GALEGA,
QUE SE MORRE A NOSA FALA
NON HAI POBO NIN HAI TERRA!
Cuestións:
O final do romance está escrito?. Quen vai escribir o final desta historia?
Cal é a advertencia final deste romance?
XII- A Galicia da Normalización: A partir dos anos 80 coa implantación da democracia, da Autonomía e da Xunta de Galicia comeza un proceso de dignificación do uso da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade coa aprobación en 1983 da primeira Lei de Normalización Lingüística, e un novo camiño de promoción coa aparición da RTVG, coa introducción por vez primeira do galego no mundo de ensino e da administración, e a aparición de numerosas editoriais galegas. Un proceso que coa incorporación das novas xeracións medrará, asentará a nosa cultura e contribuirá a enriquecer coa nosa aportación o patrimonio universal da Humanidade ao longo do século XXI. |
|
|
|
19 Comentario(s) |
|
1 |
HECTORVOYA#blgtk08#SUSPENDER |
|
|
Comentario por alguen (24-10-2018 16:24) |
|
|
2 |
nin si nin #blgtk08#non
|
|
|
Comentario por ΚΩΝΣΤΑΝΤ (24-10-2018 20:01) |
|
|
3 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por daniel aea montero (13-10-2020 17:07) |
|
|
4 |
viva galic#blgtk08#ia
|
|
|
Comentario por (13-10-2020 17:08) |
|
|
5 |
BGDHSRHFXG
#blgtk08#
|
|
|
Comentario por (13-10-2020 17:16) |
|
|
6 |
:#blgtk08#v |
|
|
Comentario por Ayatata (13-10-2020 19:03) |
|
|
7 |
:#blgtk08#v |
|
|
Comentario por Ayatata (13-10-2020 19:03) |
|
|
8 |
que viva#blgtk08# españa |
|
|
Comentario por marisa (03-10-2021 20:36) |
|
|
9 |
hector vou a suspender, e#blgtk08# moito o que nos puseches |
|
|
Comentario por maricalmen (04-10-2021 17:19) |
|
|
10 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por el pepe (20-10-2021 21:08) |
|
|
11 |
Zoi f#blgtk08#amozo |
|
|
Comentario por Mi (22-10-2021 21:55) |
|
|
12 |
Héctor vou#blgtk08# suspender |
|
|
Comentario por Yo (22-10-2021 22:13) |
|
|
13 |
Hector cagome en todo é moito , v#blgtk08#ou suspender e eu quero un dez:/ |
|
|
Comentario por a túa avoa (23-10-2021 16:30) |
|
|
14 |
non entendo u#blgtk08#nha merda :( |
|
|
Comentario por Gertrudis (24-10-2021 17:09) |
|
|
15 |
gustasme#blgtk08# hector |
|
|
Comentario por aixa villaverde alfonso (25-11-2021 17:17) |
|
|
16 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por (29-11-2021 18:45) |
|
|
17 |
NO ME SAL#blgtk08#E
|
|
|
Comentario por (01-10-2022 13:41) |
|
|
18 |
esto eh demasiado non hai maneir#blgtk08#a de aprobar ¡Hector dimision ¡ |
|
|
Comentario por (10-10-2022 22:00) |
|
|
19 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por mazapan (10-10-2022 22:03) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|