Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

2º da ESO NO ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Estabamos intrigados o pasado xoves día 7 cando puidemos preguntarlle a Ledicia Costas como era iso de escribir unha novela a medias, e ademais cun escritor catalán. Falounos Ledicia de como unha novela a dúas mans vai máis rápido que se a escribise unha soa persoa e de como ela ademais imaxinaba a Nola un tanto distinto do que logo foi debuxada polo ilustrador Andrés Meixide. Dixémoslle como a case todos gustounos moito a curiosa mascota chamada Lolo e como Ningures e Todures son mundos que dan para imaxinar ademais de lembrarnos o mundo no que vivimos. Ledicia dixo que o arquipélago de illas da novela podería ser semellante ao das Illas Cíes, pero que se cadra iso tan só é unha suxestión na que posiblemente se inspirou aínda que ela prefire deixar os espazos sen referenzas claras para que o lector imaxine e faga seu ese mundo. Falou de Nola como personaxe que parodia e contrasta cos investigadores masculinos tan habituais na novela negra e que confesou que ela non é este o xénero de lectura que máis lle gusta á hora de escoller as súas propias lecturas.
Ademais soubemos de como vai escribindo por veces como poetisa, por veces como narradora e da publicación doutros títulos seus de novela e poesía.
Se queredes ver outra crónica e fotos do Encontro no blog da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 13-02-2013 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal