Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MES DE DEFUNTOS
Para entrar ao tema e analizar ao longo deste mes, sabendo que vivimos como galegos, pero que tamén morremos como o que somos, imos darlle unha voltiña no mes de Defuntos a esa relación tan especial que temos os galegos coa morte e os mortos.

Será por que vivimos realmente no cabo do mundo? Se cadra iso vén sendo algo que nos condiciona á hora de entender a Morte coma unha dobre realidade, e falamos da Morte Moura e da da súa irmá a Morte Branca e convivimos con certa normalidade con moitas fórmulas e avisos da morte e mesmo con singulares comitivas de mortos como a Compaña. Máis alá dos magostos e das cabazas, que hai quen as bautizou como de Samaín e que axiña se asocian a fenómenos máis propios da globalización, en Galicia vivimos a morte dun xeito peculiar. É interesante coñecer todo isto como sinal da nosa identidade, da nosa forma de ser, buscando nas fontes das crenzas populares, lendas e acontecidos que se transmitiron dende tempos remotos de boca en boca. Ademais a nosa perspectiva do Alén ten tamén un fondo arraigo que podemos constatar na tradición oral.
Precisamente por iso e apelando ao noso rico patrimonio tradicional imos comezar este periplo con este documental emitido pola Cadea TV da Voz de Galicia:

Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 04-11-2012 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0