Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SEMPRE XONXA


Dúas visións distintas da emigración que vos invitamos a que vexades na longametraxe ? SEMPRE XONXA? de 1989 e rodado na aldea semiabandonada de Santa Olaia (Concello de Petín):

?Nunca aldea remota dos montes de Galicia mestúranse a complexidade dos sentimentos e a miseria da emigración, e a realidade confúndese coa fantasía. Esta é a historia dunha muller, Xonxa, e de dous homes, Pancho e Birutas. A peli cóntanos as relacións destes tres personaxes desde a súa infancia en 1947 ata a madurez en 1986.?

Ficha técnica:
O director Chano Piñeiro, estreou en 1989 a primeira longametraxe galega. Escolleu como tema a emigración desde o punto de vista dos "que quedan na terra" e os embarques de emigrantes no peirao de Vigo (hai que recoñecer que é unha das mellares secuencias mellor filmadas do cine galego).

Sinopse:
Xonxa, Pancho e Birutas crecen xuntos. Xa na primeira mocidade Birutas emigra a México e durante dez años non hai novas del. Pero un día, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa á aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Mais Xonxa e Pancho levan tres anos casados e teñen unha filla ?Xonxiña?.

Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza dirixindo algún dos seus negocios. Pancho confía na súa palabra e marcha con el. Pero Birutas déixao embarcar só, facéndoo crer que ten problemas cos papeis. Convencido de que na ausencia de Pancho poderá conseguir a Xonxa, Birutas volve á aldea, pero ante la negativa da mujer, violaa e marcha a América.

Ao cabo duns meses Pancho regresa só e enfermo; durante días permanece pechado no cuarto sen querer fablar con ninguén. D. Xosé Luis, o mestre, consigue que lle conte o que pasou e Pancho relata o engano do seu antigo amigo. Paseniño, Pancho vaise recuperando e volve á vida normal. Pasan os anos e de súpeto regresa Birutas volvendo a alterar a tranquilidade das súas vidas. O mestre intenta inútilmente convencer ao indiano para que volva por onde veu, pero á mañá seguinte Xonxa e Pancho atopan ao seu amigo pendurado dunha árbore, aforcado.

Comentarios (5) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 31-10-2012 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 a peli esta moi guapa,vai de galiza fai moitos anos,#blgtk08#recomendobola,e un pouco antigua pero mola :) saudos
Comentario por jorge garcia freire (06-11-2012 19:07)
2 Que boa película! Tiña as miñas dúbidas ao comez#blgtk08#o, pero é excelente. Ten un final inolvidable.
Comentario por Manuel Goimil (07-11-2012 18:28)
3 Gustoume moito a película, o que mais me gustou foi o tolo cando quere#blgtk08# boar e non e capaz.Foi moi interesante a película gustoume vastante.
Comentario por Noel Dopazo (14-11-2012 09:53)
4 A película gustoume bastante, aínda#blgtk08# que o final non mo esperaba así.
Comentario por nerea coto (14-11-2012 18:58)
5 Esta película gustoume moito, ainda que ten moitos anos esta moi ben feita, e#blgtk08# recomendo vela.Para min Caladiño foi uns dos mellores persoaxes da pelicula.
Comentario por Carmen (22-11-2012 15:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0