Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTICIPAMOS NO 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Os alumnos/as de 2ºESO B imos participar no 1º Concurso de teatro clásico San Narciso cunha obra tráxica titulada: Inés de Castro: Raíña despois de morta .

INÉS DE CASTRO: Ángela Rosales Piñeiro
CONSTANZA DE CASTELA: Claudia Vilas González
INFANTE DON PEDRO: Nicolás Martínez Loveira
RAÍÑA BEATRIZ: Alba Domínguez Acuña
REI AFONSO: Julián González Sotelo
NOBRE PORTUGUÉS: Roberto López Santiago
INFANTA DE CASTELA: Lucía Madero Rodríguez
DIEGO: Gabriel Pintos Pérez
ABADESA DE COIMBRA: Ainara Soto Santiago
ÁLVARO: Damián Souto Villanueva
TAREISA:Antía Vidal García

SOLDADOS: Pablo Amoedo, Rubén Soage

Dirección: Héctor Silveiro
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 16-06-2018 02:48
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO UN CLÁSICO DO NOSO TEATRO
Imos ler Os vellos non deben namorarse de A.D.R. Castelao.



O próximo día 27 de marzo é o Día Internacional do Teatro. Nós imos festexalo coa lectura desta obra. O prazo para rematar de ler esta obriña será o do luns 3 de abril no que imos realizar unha proba de lectura.

Prepararemos, en primeiro lugar, unha biografía de Castelao, que despois de Rosalía, é un dos autores galegos máis coñecidos.

Logo podemos reflexionar sobre esta creación artística deste rianxeiro universal.

Para esta obra Castelao compuxo un tema que foi musicado e hoxe xa ten vida propia na boca de distintos grupos e artistas:



Están as nubes chorando
Por un amor que morreu
Están as rúas molladas
De tanto como choveu.

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos
Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vivir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu doce amor.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 17-03-2016 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
PARA ACHEGARMOS AO TEATRO
Vexamos unha sinxela escena da obra " Os vello snon deben namorarse para achegarmos ao xénero do teatro:




Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Será comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 09-04-2015 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Para o Día Internacional do Teatro:
Imos ver como funciona o teatro: Ese xénero literario que xera polo seu contido: un conflito que se traslada ao público sobre un escenario baixo a forma dun diálogo de personaxes:

Vexamos un exemplo:



Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-03-2014 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal