Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DAS PALABRAS ÁS FRASES

1-Escribe no teu caderno un par de frases simples seguindo os modelos de análise da estrutura da mesma en árbore como aparece na ilustración.

2- Le no enlace Tipos de frases que son as frases simples, complexas e compostas e escribe un exemplo de cada analizándoas e tamén desenvolvendo a súa estrutura en árbore.

3- Analiza as frases seguintes:

A casa de Pedro.

O coche de portas amarelas.


Arroz con polo e lombo embuchado.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 24-10-2016 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA FÁBRICA ETERNA DE PALABRAS

Un idioma é a chave coa que abrimos o mundo, como o poeta Manuel María deixou dito. Tamén dixo que era maxicamente vello, eternamente novo porque a lingua esta constantemente en evolución e creae recrea novas palabras con mecanismos como os que imos describir a continuación que ti xa coñeces e imos lembrar:

A estrutura das palabras variables.


PALABRAS CULTAS E PATRIMONIAIS

O galego é fillo do latín polo tanto a meirande parte do seu léxico ten esa orixe. Pero dende que na Gallaecia comezamos a falar latín ata hoxe, aquelas palabras do latín vulgar foron evolucionando de xeito natural ata se convertiren en palabras patrimoniais, é dicir, sufriron evolucións fonéticas e morfolóxicas propias do paso do latín ao galego. Por exemplo: Gallaecia> Galiza/ Galicia.

Tamén hai palabras no noso idioma que se incorporaron máis tarde directamente do latín ou do grego e manteñen a súa forma orixinal. Son os cultismos: latín Olfactu > galego Olfacto.

Ás veces esa palabra latina ou grega deu lugar a unha palabra patrimonial (con evolucións) e outra culta (sen evolucionar) que se coñecen como pares léxicos: madeira/ materia (ambas do latín "materia").

Hai casos nos que mesmo atopamos tres palabras unha patrimonial, outra culta e unha terceira semiculta (porque non evolucionou por completo)
Por exemplo: do Latín "regulam" temos a patrimonial rella, a culta regular e formas como regra.

EXERCICIOS COAS PALABRAS

1- Identifica a palabra simple de cada serie:
A) cariña, casiña, mesiña, cociña.
B) homazo, golpazo, balonazo, cabazo.
C) prezar, predispoñer, previr, predicir.
D) armamento, pemento, casamento, pasamento.

2- Sinala os constituíntes das seguintes palabras e que tipo de palabras forman (derivadas, compostas...):
ombreiro, pasamáns, centrocampista, desvantaxe, surafricano, vacaloura, vagalume, inmortal, fermosura, humidade, xordomudez.

3- Escribe dúas palabras derivadas a partir destas simples: pan, flor, mesa, pé, campo, terra, árbore, cor, morte.

4- Escribe palabras compostas unindo dous grupos dos lexemas seguintes:
garda- saca- para
raios- augas- montes- rollas- meta- moas -costas-brisas.

Para facer máis exercicios:En galego.eu

Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 10-10-2016 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
ALGO DE GRAMÁTICA PARA EMPEZAR
De palabras, das frases e das oracións

A palabra, a frase e a oración son unidades da lingua que están xerarquizadas do seguinte xeito: unha oración está composta por frases e unha frase por palabras. E aínda que existen unidades maiores como o parágrafo e o texto, ou menores como os lexemas e morfemas, imos comezar por estas tres.

A palabra é a unidade mínima da lingua do discurso, é dicir, con sentido completo. Debemos lembrar as distintas clases de palabras que podemos atopármonos na nosa lingua.

A frase está formada por unha ou varias palabras e desenvolve unha función dentro da oración. Distinguimos tamén varios tipos de frases segundo a clase de palabra que constitúe o seu núcleo.

A oración é unha unidade con independencia sintáctica e sentido completo que contén como mínimo un verbo e remata en pausa. Podemos clasificar as oracións seguindo distintos criterios:
-A estrutura:simples, compostas...
-A natureza do predicado: predicativas, atributivas...
-A actitude do falante:enunciativas,interrogativas...

As oracións están formadas habitualmente por dous grupos de palabras con funcións distintas: suxeito e predicado. o suxeito responde a que fai? ou que é? O verbo é o núcleo do predicado e concorda co suxeito en número e persoa.

Dentro do predicado poden aparecer as seguintes funcións sintácticas: Obxecto directo(OD), Obxecto indirecto(OI), complemento de réxime(CR), atributo(ATRIB), predicativo(PVO) e complemento circunstancial(CC).

Saberías...
1. Que 5 categorías de palabras son variables? Pon tres exemplos de cadansúa clase.

2.Que 3 categorías de palabras son invariables? Por que se denominan así? Pon tres exemplos de cadansúa clase.

3.Escribe un exemplo dos seguintes tipos de frases:
Frase nominal: (Determinante + Nominal)
Frase preposicional:(Director + Termo)
Frase substantiva: (Núcleo + modificador)
Frase adxectiva:(Núcleo + modificador)
Frase adverbial:(Núcleo + modificador)

4.Identifica nas seguintes oracións as funcións sintácticas que se indican:
- Lugo posúe un importante patrimonio (SUX,PRED, OD).

-O bater do mar é todo un espectáculo ( SUX, PRED, ATRIB).

-A ruta comeza en Roncenvalles. (SUX, PRED, CC)

-Durante o período románico exerceu unha influencia decisiva. (SUX, PRED, OD, CC).

-Galicia é un atractivo turístico para os mesmos españois. (SUX, PRED, ATRIB, OI).



5.Escribe unha oración simple e unha composta. Logo unha oración enunciativa e outra interrogativa.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 03-10-2016 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
ADVERBIOS E PREPOSICIóNS
Máis que gramática é cuestión de coñecer os distintos adverbios e locucións como se fosen palabras dun vocabulario. Para poder repasar unha listaxe de

Adverbios e locucións adverbiais.

Do mesmo xeito debemos tratar ás preposicións e as locucións prepositivas.

Un exercicio con adverbios:(debes usar os seguintes: AXIÑA, SÓ, ALGURES,TAMÉN, LONXE, BEN NON, PRETO, MÁIS, MOITO, DEVAGAR, CEDO, TARDE.

• Ollos que . . . . . . . . se queren desde . . . . . . . . se saúdan.
• O moito folgar . . . . . . . . . chega a cansar.
• Xantar . . . . . . . . . . e cear . . . . . . . sacan a merenda do medio.
• Canto máis présa, máis . . . . . . . . .

• . . . . . . . . . . . sabe a anguía, pero . . . . . . . . . sabe o que a pilla.
• Están máis . . . . . . . . . . . . . . . . . os meus que os meus parentes.
• Dito sen feito . . . . . . . . . . . . . . . . . ten proveito
• O que come cabrito e cabra non ten, de . . . . . . . . . . . . . . . . . lle vén.
• O rato que . . . . . . . . . . . . . . . . . sabe dun burato, . . . . . . . . . . . . . . . . . o colle o gato.


Frases feitas e preposicións:
/ Marchar ...........rabo.............. as pernas.
/ Estar .......póla.
/ Andar ..... xeito.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 31-05-2015 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRADE A LISTAXE DE VERBOS IRREGULARES
Exercicios de conxugación con verbos irregulares
DAR
DICIR
ESTAR
FACER
HABER
IR
PODER
POÑER
QUERER
SABER
SER
TER
TRAER
VER
VIR
Podes consultar calquera destes verbos irregulares aquí
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-04-2015 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
O INFINITIVO CONXUGADO
A diferenza doutras linguas, o infinitivo galego presenta unha forma non-persoal
(cantar) e outra forma persoal ou conxugada:

eu cantar
ti cantares
el/ela cantar
nós cantarmos
vós cantardes
eles/elas cantaren

Non é un invento, xa está documentado no século XIII e XVI.

É de uso obrigado:
• Cando ten un suxeito expreso diferente
ao do verbo principal.
Xan chamoute para sacares o can de paseo.

• Cando o suxeito, sendo distinto do do verbo principal, non está presente e interesa indicalo para evitar ambigüidades.

É necesario volvermos á casa hoxe.


Ademais é aconsellable usalo:
• Cando, tendo o mesmo suxeito ca o do verbo principal, aparece antes ca el.

Por chegardes tarde, quedastes sen entradas.

Exercicios con infinitivo conxugado.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-04-2015 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Coidadiño cos pronomicidios!

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ( cun pronome interrogativo) ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (alguén, algo, todos...) e adverbios ( só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara).

Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 13-01-2015 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Para repasar as alternancias vocálicas nos verbos

Existen verbos regulares en galego que teñen pequenas alternacias vocálicas nos tempos de presente de indicativo. Patra podelas repasar podes facer unha consulta. de como e cales son os verbos que presentan estas particuralidades.

Tamén podes practicar o uso das alternancias i/e aquí.
e logo se queres practicar as alternancias u/o aquí.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 11-12-2014 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
REMATEMOS COS PRONOMICIDIOS
Deixamos aquí unha pequena indicación (lembrando o que xa vimos en Primeiro da ESO) a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos e vitando os "pronomicidios":

COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS
Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: ( dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: ( alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis galego que castelán ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 01-06-2014 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE OS VERBOS IRREGULARES
Son só 19 verbos que debemos ir coñecendo ben polo que imos dedicarlle un tempo. para que poidas ir contrastando todo o que na aula estamos a facer con eles aquí tes un enlace para saber como son os verbos irregulares en galego.
Podes ir buscando o que che interese na listaxe que aparece nese enlace.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 10-05-2013 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal