Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Volvemos á gramática: preposicións, adverbios e frases

Repasamos os tipos de palabras que máis nos custa identificar:

Preposicións en galego:
Son unha categoría gramatical invariable que ten como función ligar (que habitualmente ten como núcleo un substantivo, un pronome ou un infinitivo) con outro elemento da oración.

Adverbios en galego:
Son palabras invariables que expresan circunstancias de lugar, tempo , modo , cantidade ou ben afirmación, negación ou dúbida. Funcionan como complemento dun verbo, dun adxectivo ou doutro adverbio.
Bótalle un ollo aos adverbios

Tipos de frases

Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 07-11-2018 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALGO DE GRAMÁTICA

Imos lembrar conceptos de gramática xa vistos e procurar asentalos nos próximos días:

Tipos de palabras

Substantivos, adxectivos e verbos.
Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 07-10-2018 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
ÁS VOLTAS COS PRONOMES

Pronomes persoais

OS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Exercicios iniciais

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.



Comentarios (4) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 09-01-2018 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
ÁS VOLTAS COS ADXECTIVOS
Clases de adxectivos

O xénero e número dos adxectivos

O grao dos adxectivos

As conxuncións comparativas
Comentarios (8) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 30-10-2017 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
Para comezar

Imos, en primeiro lugar, repasar a gramática do curso pasado co obxectivo de afondar e mellorar no noso coñecemento do galego normativo e nun uso axeitado do mesmo:

Tipos de palabras: identificar nun texto as palabras variables e invariables para logo clasificalas.

Substantivos e adxectivos: xénero e número.

Ás voltas cos adxectivos


Verbos regulares e as súas alternancias.
Análise de frases simples.
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 09-10-2017 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
REMATAR COS PRONOMICIDIOS




1º IDENTIFICAR PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS E ÁTONOS


2ºREMATAR COS PRONOMICIDIOS

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ( cun pronome interrogativo) ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (alguén, algo, todos...) e adverbios ( só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara).

Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 09-02-2017 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
INFINITIVO CONXUGADO
A diferenza doutras linguas, o infinitivo galego presenta unha forma non-persoal
(cantar) e outra forma persoal ou conxugada:

eu cantar
ti cantares
el/ela cantar
nós cantarmos
vós cantardes
eles/elas cantaren

Non é un invento, xa está documentado no século XIII e XVI.

É de uso obrigado:
• Cando ten un suxeito expreso diferente
ao do verbo principal.
Xan chamoute para sacares o can de paseo.

• Cando o suxeito, sendo distinto do do verbo principal, non está presente e interesa indicalo para evitar ambigüidades.

É necesario volvermos á casa hoxe.


Ademais é aconsellable usalo:
• Cando, tendo o mesmo suxeito ca o do verbo principal, aparece antes ca el.

Por chegardes tarde, quedastes sen entradas.

Exercicios con infinitivo conxugado.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 07-02-2017 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os tempos e os modos verbais/ Verbos regulares e irregulares
Para poder abordar os verbos en galego temos tamén a posibilidade de consultar diversas páxinas que nos poden a axudar:

- Tempos e modos verbais.

-Verbos regulares e irregulares

-Listaxe de verbos irregulares e exercicios.

Exercicios de conxugación con verbos irregulares
DAR
DICIR
ESTAR
FACER
HABER
IR
PODER
POÑER
QUERER
SABER
SER
TER
TRAER
VER
VIR
Podes consultar calquera destes verbos irregulares aquí
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-01-2017 06:38
# Ligazón permanente a este artigo
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA

Existen verbos regulares en galego que teñen pequenas alternacias vocálicas nos tempos de presente de indicativo. Para podelas repasar podes facer unha consulta. de como e cales son os verbos que presentan estas particuralidades.

Tamén podes practicar o uso das alternancias i/e aquí.
e logo se queres practicar as alternancias u/o aquí.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 22-11-2016 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
SUBSTANTIVOS, ADXECTIVOS E VERBOS

Imos traballar con estas tres clases de palabras variables, ver como se identifican, o seu xénero e número e como concordan entre si á hora de apareceren xuntas.

OS SUBSTANTIVOS: Son palabras variables que designan entidades como persoas, animais, plantas, cousas, sentimentos ou ideas. Por exemplo: rapaza, vaca, castaña, ordenador, amor, adolescencia, xustiza.

COMO SE RECOÑECEN
Son con frecuencia o núcleo na frase substantiva ou da frase nominal, poden desempeñar a función de suxeito nas oracións.

TIPOS DE SUBSTANTIVOS
Comúns e Propios:
Concretos e Abstractos:
Contables e incontables:
Individuais e Colectivos:

O XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS

Son masculinos en galego: Os nomes das letras ( o eme, o ele), os rematados en -ote (dote, lote), -me (costume, legume, lume).

Son femininos en galego: moitas árbores ( a laranxeira, a figueira, a oliveira), os substantivos rematados en -axe (paisaxe, sondaxe, agás o traxe, o paxe , o garaxe e o/a personaxe) e os rematados en -se, -ite (a análise, a dermatite).

Podes ampliar esta lista aquí.

Os susbtantivos poden variar de xénero seguindo este cadro:
MASCULINO / FEMININO / Exemplos
-o, -e / -a fillo/-a, presidente/-a
-eu / -ía xudeu/ xudía
-ó,-r,-l,-z,-s,-ín/ -a avó/-a, señor/-a,...
-án / -á ou -ana/ ancián/-á,paspán/-ana
- ón /-oa ou -ona/ patrón/-a abusón/-ona

Outra explicación con exemplos

A FORMACIÓN DO PLURAL
SINGULAR rematado en: / PLURAL / EXEMPLOS
vogal , ditongo ou-n / -s café/-s rei/-s can/-s
-r, -z, -s(agudas monosílabas)/-es/ calor/-es mes/-es
-s(graves, esdrúxulas, grupo cons)/non varía/ lapis/ luns
- x /non varía/ fax, unisex
-l (monosilábico, polisílabo grave)/-es/ val/-es/túnel/-es
-l (polisílabo agudo) /-is/ papel/papeis

OS ADXECTIVOS
Os adxectivos cualificativos son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos.

COMO SE RECOÑECEN
Son frecuentemente modificadores nas frases substantivas ao complementar aos substantivos e concordar en xénero e número con eles.

TIPOS DE ADXECTIVOS

XÉNERO E NÚMERO DOS ADXECTIVOS
Seguen as mesmas que os substantivos como podes comprobar aquí.

O GRAO DOS ADXECTIVOS
Os adxectivos poden presentar distintos graos: positivo, comparativo e superlativo.

Uso de ca e coma no comparativo.

Exercicios con substantivos e adxectivos.

OS VERBOS REGULARES: O 80% dos verbos galegos son regulares e presentan para a conxugación unhas mesmas formas, polo que é doado dominar axiña a estrutura de tempos e modos dos nosos verbos. como poderás comprobar na práctica nos exercicios que che propoñemos máis abaixo.

Exercicios cos verbos
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 14-11-2016 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal