Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A HORA DA LECTURA
As lecturas que imos realizar na primeira parte do curso son, coma sempre, as que propoñen dende a Coordinadora dos EDLG das Escolas Católicas de Galicia, para o Premio Martín Sarmiento. Un premio que outorgan os lectores aos autores en función do seu criterio tras ler os libros propostos polos convocantes.

Este curso os libros para 2º da ESO son:

Misterio resolto, de Concha Blanco (Editorial Everest)e que propoñemos ter lido despois do Nadal, logo, podedes pedilo como agasallo ou se queredes podedes intentar conseguir un dos exemplares da Biblioteca de Secundaria que xa ten a túa disposición (lamentablemente non hai libros de préstamo para todos).

O segundo libro que será para o mes de Marzo titúlase O elefante branco, de Xesús Fraga (editorial Tambre).
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 10-12-2013 04:50
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS NO VERÁN
Lectura recomendada: Hai alumnos que xa superaron as probas de lectura obrigada aos que lles recomendamos non obstante esta lectura:
O ceo dos afogados, Francisco Castro (Xerais).
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-07-2013 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA DA LINGUA: PREMIOS SARMIENTO 2013

Imos participar na entrega dos Premios Sarmiento dos Equipos de Normalización Lingüística da Ferega o próximo día 17 de abril no Pazo da Cultura en Pontevedra. Este é o programa:

10.30 Chegada
10.45 Faladoiros cos autores por categorías. Entrega do premio aos autores gañadores.
12.00 Descanso.
12.15 Representación teatral da obra de teatro: Que empece a función! Unha viaxe no tempo polo teatro galego.
13.30 Despedida


Imos saber cal destes dous libros que limos é o premiado:

COSTAS, LEDICIA E TOBARUELA, PERE; Mortos de ningures, Ed. Everest.

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN; Fantasmas de luz; Ed. Xerais

Nós xa realizamos unha votación que resultou como segue:

4ª categoría (1º e 2º da ESO)

Mortos de Ningures: 44 votos

Fantasmas de luz: 27 votos

Ademais a entrega de premio vainos servir para empezar a traballar co xénero dramático pois imos ver na clausura un espectáculo teatral sobre a historia do teatro en galego.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 09-04-2013 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fantasmas de Luz a exame
Agora que vimos de rematar a lectura de Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz, vexamos estes avances de dúas películas de cine:





O noso libro terá algo que ver con esta película?
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-03-2013 07:31
# Ligazón permanente a este artigo
2º da ESO NO ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Estabamos intrigados o pasado xoves día 7 cando puidemos preguntarlle a Ledicia Costas como era iso de escribir unha novela a medias, e ademais cun escritor catalán. Falounos Ledicia de como unha novela a dúas mans vai máis rápido que se a escribise unha soa persoa e de como ela ademais imaxinaba a Nola un tanto distinto do que logo foi debuxada polo ilustrador Andrés Meixide. Dixémoslle como a case todos gustounos moito a curiosa mascota chamada Lolo e como Ningures e Todures son mundos que dan para imaxinar ademais de lembrarnos o mundo no que vivimos. Ledicia dixo que o arquipélago de illas da novela podería ser semellante ao das Illas Cíes, pero que se cadra iso tan só é unha suxestión na que posiblemente se inspirou aínda que ela prefire deixar os espazos sen referenzas claras para que o lector imaxine e faga seu ese mundo. Falou de Nola como personaxe que parodia e contrasta cos investigadores masculinos tan habituais na novela negra e que confesou que ela non é este o xénero de lectura que máis lle gusta á hora de escoller as súas propias lecturas.
Ademais soubemos de como vai escribindo por veces como poetisa, por veces como narradora e da publicación doutros títulos seus de novela e poesía.
Se queredes ver outra crónica e fotos do Encontro no blog da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 13-02-2013 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO COA AUTORA DE MORTOS DE NINGURES
O próximo xoves imos poder falar coa autora do libro Mortos de Ningures. Aínda que se trata dun libro colectivonós falaremos cunha autora experimentada da literatura galega actual. Trátase de Ledicia Costas da que nos interesa coñecer a súa traxectoria, que outro slibros escribiu e as súas inquedanzas como autora. Para isto último podemos botar man do seu blog: son da brea muiñeira.

Pola nosa conta estamos preparando unha visita imaxinaria aos escenarios da súa novela: Ningures, Todures e Algures.

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 05-02-2013 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
FANTASMAS DE LUZ
Este é un dos agasallos que pedimos aos Reis, o segundo libro do Plan lector co que imos comezar traballando a lectura nesta segunda avaliación.

Trátase dunha obra de Agustín Fernández Paz, Fantasmas de luz que resulta ser unha novela moi actualpois retrata unha situación de crise como a que estamos padecendo e na que o cine cobra unha importancia transcendental, escoitemos varios comentarios do seu autor:




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 07-01-2013 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS PREMIO SARMIENTO 2013
Imos comezar coas lecturas do Premio Sarmiento deste curso 2012/13, que son as seguintes:

MORTOS DE NINGURES de Leticia Costas e Tobaruela Pere

FANTASMAS DE LUZ, de Agustín Fernández Paz

Imos realizar estas lecturas unha antes de Nadal e a outra despois de Nadal, polo que un dos libros podemos pedirllo aos Reis Magos, o outro debemos xa mercalo neste mes de novembro, coa idea de que en decembro estea lido. Imos comezar polo primeiro desta lista. " Mortos de ningures" de Leticia Costas e Tobaruela Pere editado pola editorial Everest.

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 31-10-2012 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DRAGAL EN MARCHA
Gustouche DRAGAL I ou DRAGAL II? Agora podedes participar nun concurso sobre este libro. Bótalle unha ollada a este concurso para ver se che interesa. As bases páxina oficial de Dragal

Por outro lado, xa estamos lendo, algúns mesmo xa están rematando de ler, o terceiro dos libros que na nosa categoría están nominados para o PREMIO "MARTÍN SARMIENTO" que organizan cada curso as Escolas católicas de Galicia a través dos seus Equipos de Normalización Lingüística. Esta terceira lectura leva por título:
Suso Espada " nota roja", de Francisco Fernandez Naval. O libro está editado pola editorial Everest (Galicia) e presenta unha trama detectivesca.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-04-2012 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
VIOLETA TAMURANA de Andrea Maceiras


VIOLETA TAMURANA de Andrea Maceiras
As fermosas tamura, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestienta branca comezan a devastar Tamuranam Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.
Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

Esta fantástica aventura é a segunda lectura que realizamos para participar no Premio Martín Sarmiento do presente curso. Un Premio que determinan os propios lectores tras ler en todos os centros de Galicia inscritos nesta convocatoria os tres títulos propostos. Tras das vacacións de Semana Santa abordaremos o traballo da terceira das lecturas.

Unha marabillosa experiencia iniciática e revolucionaria onde a verdade, a solidariedade e o respecto á natureza dos seus protagonistas cobran especial importancia para entender a vida de todos por riba da cor e mesmo das linguas que falen. Pao, Pel, Alen ou o Aleuto son heroes que se atreveron a saber a verdade e foron valentes e ousados ata atopar unha resposta a pesar do esforzo dos Luminosos e dos seus dirixentes por intoxicar a información sobre a realidade do Continente e os colonos.

Terá esta historia algo que ver co mundo no que vivimos nós? Seremos quen de tirar semellanzas coa sociedade na que habitamos?
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 22-03-2012 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal