Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proba da 3ª Avaliación
GRAMÁTICA: Os pronomes átonos e a súa colocación (ver blog).
Os verbos irregulares galegos (conxugación)(ver blog ou anexo do libro no tomo do 3º trimestre)

Análise sintáctica elemental I. Funcións sintácticas II. (ver blog).

LÉXICO: Temas: 6,7,8 e 9 do libro de texto. Dos medios e da cultura: Teatro. Televisón, radio, prensa. Toponimia e xentilicios. Campo semántico.Frases feitas.

SOCIOLINGÜÍSTICA: O galego estándar (tema 8 páx. 174-175), lusofonía(Tema 10 páx. 226-227) e variedades da lingua (Tema 11 páx. 246-247).

LITERATURA: O xénero dramático ou Teatro (tema 8 e 9: páx. 178-179, 202-203 e 204, 210-212) Letras galegas 2017: Carlos Casares, vida e obra (ver blog e apuntamentos da aula).

PLAN LECTOR: Tradución de relatos de Edgar Alan Poe.(Proba de lectura e actividades)

TRADICIÓN ORAL: Seres máxicos: sereas, trasnos e meigas ? (Ver blog).

EXPRESIÓN: Modalidades do discurso: narración, descrición e dialogo.-Tema 6: páx. 138-139)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2017 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Para preparar a proba do avance

- Temas do libro 3 e 4.
Léxico:
- Prefixos e sufixos(I)
- Política
- Praza de abastos: Peixes e mariscos.

Gramática:
- Os verbos irregulares.
- Infinitivo conxugado.
- Pronomes e pronomicidios(análise gramatical coa axuda dos pronomes).

Sociolingüística:
- Ecoloxismo lingüístico.
- Análise de gráfica sobre o galego.

Literatura:
- Lírica,ritmo e rima. Saber un poema.
- Made in Galiza.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2017 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
Día Escolar da Paz: Un conto e un poema


Irmaus. Celso Emilio Ferreiro

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2017 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Un 25 de novembro
Ao tratar os prexuízos lingüísticos caemos na conta de que tamén existen outros prexuízos que podemos combater, que é necesario combater, no día a día.

Hoxe 25 de novembro querémonos facer eco dunha actividade que fixemos o ano pasado. Era definir as palabras machista e feminista.

Hoxe toca dar un paso máis traballando contra os micromachismos, o primeiro paso da violencia de xénero.

Pero que son os micromachismos?

Localicemos no noso arredor, no noso día a día cinco exemplos de micromachismos...

e logo propoñámonos acabar con eles, elaboremos un decálogo en forma de vídeo para que os nosos compañeiros e compañeiras poidan tamén colaborar nesta causa xusta e necesaria.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2016 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
De cara a proba de setembro
LECTURAS:
Sobre as lecturas establecemos dous tipos. Para aqueles alumnos/as que non realizaron as lecturas obrigatorias durante o curso deben realizar un traballo (como se especifica na nota que se lles entregou coas notas). A lectura obrigatoria para estes alumnos é: Memorias dun neno labrego, de X. Neira Vilas.

As lecturas recomendadas son unha especie de traballo complementario que os alumnos/as aos que se lles indica poden realizar coa intención de sumar á nota da avaliación extraordinaria de setembro. A listaxe de libros é:
-Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Editorial Xerais.
-Os vellos non deben namorarse de A.D. R. Castelao, Editorial Galaxia.

Sobre calquera destas lecturas o traballo debe incluír un resumo por capítulo ou escenas e un vocabulario do capítulo ou escena na procura das palabras que non coñezamos.

Na proba de setembro incluiremos unha pregunta sobre a lectura.

MODELOS DE PROBAS:
Colocamos a continuación varios modelos de exame realizados durante o curso para orientar sobre a proba de setembro:

1ª Avaliación:

1- LÉXICO: Asocia cada número ao nome da parte da casa. Que diferenza hai entre bolo e bola.
2- GRAMÁTICA: Indica se os seguintes substantivos teñen xénero masculino ou feminino:
Traxe, correaxe, ponte, alcume, dose, hepatite, tose, arte, teitume, efe, árbore, costume, til, personaxe,

- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Bailarín/lacazán/varón/escritor/refén/intérprete/estudante/ancián/aldeán/

cidadán/elefante/ /sobriño/ Afgán /insán/

-Escribe o plural das seguintes palabras:
Martes/lapis/marroquí/rei/candil/anís/pel/chuchamel/túnel/

control/zulú/aerosol/cartafol/oasis/dolmen

3- VERBOS: Enuncia os tempos de INDICATIVO E de SUBXUNTIVO de ANDAR ( pon un exemplo de cada tempo).
4- ORTOGRAFÍA: PON N/ Ñ ou /-/ anta. . . . .o/ veci. . . . .o/ esca. . . . .o/ mesqui. . . . .o/ casta?..a/pa?.o/ ame?.aza/ enga. . . . .ar/perso?a/ peregri. . . . .o /compo?.ente/ aloumi. . . . .o/ pesta. . . . .a/caba. . . . .a/ do?azón/ conso?.ante/ porci. . . . .o/ estorni. . . . .o/ pi. . . . .a/ ca. . . . .ón/ fre?o/ aboto?ar

5- HISTORIA DA LINGUA: Redacta un texto no que expliques: As raíces da lingua ata o seu nacemento.
6- Redacta un texto no que expliques: O galego na Idade Media.
7- Redacta un texto no que expliques: Os Séculos Escuros e o Rexurdimento.
8- Redacta un texto no que expliques: O galego no século XX.

9- LINGUA E SOCIEDADE: Define autoodio, lingua minorizada, lingua hexemónica, lingua minoritaria.
10- DEFINE LITERATURA ORAL E LITERATURA CULTA. Das estrofas seguintes cal é popular e cal é culta? Localiza recursos estilísticos nos seguintes versos:

2ª Avaliación:


1- Pon o nome as distintas profesións da ilustración.

2- Indica o nome de cada bloque dialectal e logo en cal deles se di: ghato, gato, zapato, sapato, lus, luz, pantalóns, pantalois, pantalós, tu, ti, irmao, irmán,...


3-ORTOGRAFÍA: B ou V explica o seu significado:
bago /vago, balor /valor, barro / varro, rebelar/ revelar, boa / voa
bos / vos ; bou / vou, bela / vela

Escribe S ou X:
E_cavar, e_pontáneo, e_ploradora, e_culcar, en_alzar, corni_a, e_tensión, e_tender, e_pectáculo, ar_ila, e_ceso

Explica a diferenza: esterno/ externo, laxo/ laso

4-GRAMÁTICA: CONXUGA: os tempos do Indicativo do verbo: HABER e o Subxuntivo de FACER.

5-Coloca o pronome onde corresponda:
? . . . . . . . . . . rompín. . . . . . . . . . sen querer. (a)
? O mestre aínda non . . . . . . . . . . explicou. . . . . . . . . . aos seus alumnos. (llelo)
? . . . . . . . . . . lava. . . . . . . . . . antes de empezar a cociñar. (te)
? Todos . . . . . . . . . . sinalaron. . . . . . . . . . como a responsable do acontecido. (a)
? Cando . . . . . . . . . . soubeches. . . . . . . . . .? (o)
? Eu sempre . . . . . . . . . . fixera. . . . . . . . . . así. (o)
? Se . . . . . . . . . . ves. . . . . . . . . ., saúdaos da miña parte. (os)
? Díxome que . . . . . . . . . . deu . . . . . . . . . . o aviso hai moito tempo. (che)
? . . . . . . . . . . comeu. . . . . . . . . . o bocadillo mentres fuches xogar. (che)
? A cunca do almorzo . . . . . . . . . . escachou. . . . . . . . . . a Lois hoxe pola mañá. (lle)

6-Substitúe por un pronome átono o CD ou CI destacados. Exemplo: Mercou un libro./ Mercouno.
Pepe mercou un piso aos fillos. ________________________/ Entregas o que era meu a min?_________________
Tampouco comprendeu a nota._________________________/ El trouxo un xeado de vainilla.__________________
Leu poemas para Laura e Raquel:____________________ / Iria contou a ti o segredo _____________________


7-INTRODUCE nas seguintes oracións os pronomes das parénteses, escribíndoas de novo correctamente:
Escapou o can? (escolle: te ou che).
Que augurou a meiga? (escolle: te ou che)..
Solicitaban moitos condutores (vos).
Sabes se puxeran un exame aos máis aplicados (lles).
Non leva sempre no bolso (as).
Quero que contes que pasou (escolle: te ou che ).

8- LINGUA E SOCIEDADE: En que consiste a ecoloxía lingüística?
COMPRENSIÓN LECTORA: Séculos de pensamento humano sobre os animais, as plantas, as matemáticas..., desaparecen coa perda dun idioma? declarou Davi Harrison, profesor de lingüística do Swarthomore College (Pensilvania) ?A ciencia non puido descubrir o 80% das especies do planeta, pero iso non significa que sexan descoñecidas para o home... En Bolivia, Harrison entrevistouse co pobo kallawaya, herboristas tradicionais desde a época do imperio inca. Eles falan unha lingua en perigo coa que codifican información sobre miles de plantas medicinais, algunhas ata agora descoñecidas para a ciencia e que eles utilizan como remedios. ?Outro tanto poderíamos dicir sobre as técnicas de navegación entre os pobos indíxenas ameazados da Micronesia?, declarou Harrison.

Como titularías este texto? Cal é o tema que trata?

9-LITERATURA: PLAN LECTOR: Comprensión e expresión: Memorias dun neno Labrego de....................................
Que tipo de narrador presenta?
Cita cinco personaxes da novela e describe brevemente como son.
Explica a estrutura e os tempos da novela.

10: EXPRESIÓN: Resume o argumento do libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO (unhas 15 Liñas)

3ª Avaliación:

1-GRAMÁTICA: Como se coloca o pronome átono en galego? Pon exemplos á hora de explicar tamén as excepcións.

2-- Pronomes persoais átonos:
Sempre ... mercou ... nesta tenda as camisas. (te ou che)
Nunca.... escoitei ... as túas cantigas (te ou che).
Lembra de comer pouco pan (te ou che)
Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe (te ou che)
Substitúe o CD e O CI por pronomes:
Deches a comida ás tartarugas?
Sinalei as tarefas aos alumnos.
Pon o funil á botella!
Pedín lentellas ao camareiro

3- ESCRIBIMOS BEN Distingue valla/vaia faia/falla/ maio/ mallo Como evoluciona esta palabra en latín OCULUM :


4- VERBOS Que persoa, tempo, modo,voz son: dou, caiba, dea, había, dixer, soñarei, soñase, di.
Conxuga: Pretérito de indicativo e presente de subxuntivo do verbo haber.

5- Tipos de pronomes determinantes. Pon un exemplo de cadanseu tipo.

6- LINGUA E SOCIEDADE: O galego e o portugués son a mesma lingua? Razoa a resposta.


7-LÉXICO: Define e distingue con exemplos palabras: Homónimas, homógrafas e Homófonas.


8-LITERATURA: As cantigas da lírica galaico portuguesa explica a orixe e os tipos cunha breve descrición.


Un tal home sei eu, ai ben tallada,
que por vós ten a sa morte chegada;
vede quen é, e seed?en nembrada:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu que preto sente
de ssi morte chegada certamente;
vede quen é, e véñavos en mente:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu; aquest?oide:
que por vós morr?e volo en partide,
vede quen é, e non xe vos obride:
eu, mia dona.

DON DINIS DE PORTUGAL



9-Rosalía: que debemos saber sobre esta autora singular?



10-EXPRESIÓN: Redacta un texto en: Estilo directo, outro indirecto. Define correctamente: Un retrato, unha prosopografía e unha etopea.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2016 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tras do avance da 3ª...

Imos cos temas 8 e 9 do libro de texto, Pronomes e Verbos, Letras Galegas 2016.

LÉXICO:
TOPONIMIA e XENTILICIOS. As viaxes.
frases feitas e refráns.

GRAMÁTICA:

Colocación de pronomes átonos

Verbos Irregulares.IR, OIR, PODER, POÑER, QUERER, SABER, TER, VER, VIR

Adverbios, preposicións e conxuncións

Sintaxe elemental da oración simple: Suxeito, Predicado, o Complemento directo, o Complemento Indirecto e a oración en activa e pasiva (podes botarlle unha ollada a ilustración desta entrada).

SOCIOLINGÜÍSTICA: Prexuízos lingüísticos e usos das linguas en Galicia.

ESCRIBIR BEN: Diérese/ cofusión de vogais.

LITERATURA: MANUEL MARÍA. Letras Galegas 2016.

Textos: Poemas de Manuel María (recursos literarios intención do autor e temática).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2016 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
proba avance 3ª avaliación
Unha proba moi gramatical:

Colocación de Pronomes átonos

Verbos irregulares

Infinitivo conxugado

Adverbios e locucións adverbiais

Preposicións
e Conxuncións (tema 8)


Léxico da Praza de Abastos e a alimentación do tema 7 do libro.

Escribimos ben: grupos consonánticos ( tema 7 do libro).

Sociolingüística: Os prexuízos lingüísticos I e II (tema 7 e 8 do libro).

LITERATURA: O Teatro (I) Vida e obra de Castelao.

LECTOR: Os vellos non deben namorarse de Castelao.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2016 06:18
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén celebramos que temos con nós a un campión

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2016 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén en galego celebramos o Día da Muller
En Follas novas atopase un dos máis logrados poemas de Rosalía sobre a muller do emigrante. Vemos un retrato desta muller forte que realiza soa as máis duras tarefas: sementa o campo, recolle leña no monte, leva a herba e a augua... A rudeza dos traballos contrasta coa tenrura e delicadeza que reflicten as súas palabras:


Tecín soia a miña tea,
sembréi soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
él non ha de virme a erguer,
él xa non me pousará.
¡Qué tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...;
ferve o pote..., mais, meu caldo,
soíña te hei de cear.
Cala, rula; os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soidás.
O meu homiño perdéuse,
ninguén sabe en ónde vai...
Anduriña que pasache
con él as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime en ónde está.



(F. N. 287)



O final lembra, como o poema citado anteriormente, as cantigas de amigo medievais, pero ao carácter intensamente lírico destas engádense notas de realismo que asocian o poema a unha estrutura social moi determinada, as xentes humildes. Os traballos enumerados no poema só en Galicia son realizados por mulleres, e non só en ausencia dos homes, senón na súa compaña. Fixémonos en que ela di que, aínda que morra baixo o peso da carga, el non ha de vir a axudala a erguer e a pousar. En Galicia, as mujeres labregas transportan, apoiándoos nos ombreiros ou sobre a cabeza, grandes pesos (feixes de herba, cestas e cántaros...) que outra persoa ten que axudarlles a subir e baixar.

A carón das notas realistas achamos no poema unha intensa vivencia da soidade -obsérvese a reiteración expresiva da palabra soia-, sentimento que, posiblemente, está moi presente na propia Rosalía, pero que é tamén unha característica galaica (a saudade é un trazo típico da nosa literatura). E, informando, envolvendo ao poema en unha atmosfera especial, sitúase como esencial a tenrura; tenrura disimulada baixo a dureza dos primeiros versos, que pintan a unha muller solitaria entregada a rudas tarefas, e que se manifesta por primeira vez nesa reiteración expresiva da palabra el: «él non ha de virme a erguer, él xa non me pousará», e nese adverbio xa, evocador de tempos pasados. A partir de ese momento, a afectividade maniféstase na proliferación de posesivos e diminutivos: «Ferve o pote, mais, meu caldo, soíña te hei de cear», «o meu homiño perdéuse»; perfectos exemplos estes do carácter afectivo e non cuantitativo dos diminutivos en galego.

As evocacións ao mundo natural poñen de relevo a súa sensibilidade a través da natureza que a rodea: vento, grilo, rulas e anduriña son outro elemento destacable funcionando como símbolos do paso do tempo en soidade, do amor e da saudade que sinte.




Polo seu realismo, a súa saudade e a súa tenrura, o poema constitúe un fermoso canto á personalidade da labrega galega no que se evidencia tamén ese pensamento protofeminista que Rosalía representa ao poñer a súa atención o seu centro de interese sobre a muller e as súas condicións de vida. A sá soidade asociada a súa fortaleza e capacidade de valerse por si mesma en situacións duras.

E como remate unha creación dos nosos tempos:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Día contra a violencia de xénero tamén en Galicia



Dúas fórmulas válidas para cantar neste día:




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2015 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0