carralesesquinto


Blog de aula de 5ºB do CPI VICENTE OTERO VALCARCEL de Carral,para traballar aspectos currriculares e competenciales, especialmente os relacionados coa búsqueda e tratamento da información.

O meu perfil
bibliosbardos@hotmail.com
 ÍNDICE
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 BLOGS DO CENTRO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS CIDADES MEDIEVAIS
A partir dos séculos XI e XII prodúcese un desenvolvemento do comercio debido fundamentalmente á mellora dos instrumentos e técnicas agrícolas, o que provoca un aumento importante das colleitas e a posibilidade de que os campesiños podan intercambiar os seus productos.
Este comercio fixo medrar as cidades existentes e crear outras novas, denominadas burgos. Os habitantes das cidades eran libres e non dependían de ningún señor feudal. Nace así un grupo social novo: a burguesíaformada principalmente por artesans e comerciantes. Tiñan unha serie de privilexios derivados dun sistema xurídico especial, o foro que concedía concedía aos seus habitantes o privilexio de certos oficios, exencións e obrigacións fiscais, e a celebración de feiras e mercados.
As cidades estaban rodeadas de murallas, con portas fortificadas. No seu interior as rúas eran estreitas e moy sucias pois non existían sumidoiros e a xente botaba a auga sucia e os refugallos directamente á rúa.
Os artesáns agrupábanse por oficios, organizados en gremios situados nunha mesma rúa ou barrio da cidade.
O desenvolvemento do comercio fomentou o uso das moedas. O valor das moedas dependía da cantidade de ouro ou prata que contiñan.
Aparecen os prestamistas e banqueiros.
Contaban cunha praza central na que se situaban os edificios máis importantes: a catedral, o "alacio" señorial, o hospital e a casa do concello. Ademáis era un dos lugares onde se celebraban os mercados.

Comentarios (2) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 08-03-2010 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A IDADE MEDIA (s V-s XV)

O Imperio romano extendeuse cada vez máis.As fronteiras eran cada vez máis difíciles de protexer. Ao outro lado existían numerosos pobos guerreiros que poñían en serias dificultades ao Imperio. Para manter os exércitos necesarios os tributos aumentaban cada vez máis.
A finais do século V estes pobos, procedentes do Norte e mais do Leste de Europa ocupan a maior parte do Imperio.
A fin do Imperio romano marca o paso de Idade Antiga á Idade Media

A IDADE MEDIA


Abrangue desde finais do século V a finais do século XV, é dicir, máis de mil anos, polo que durante este tempo a sociedade , as cidades ,o comercio… sufriron moitos cambios, desde a transformación da cultura romana ata o descubrimento de novas terras e rotas de navegación.
Os límites deste periodo na Península Ibérica veñen marcados por dous feitos : O fin do Imperio romano coa chegada dos chamados pobos bárbaros(“extranxeiros”) aos territorios que antes dominaban os romanos, e a expulsión dos musulmáns da Península polos Reis Católicos e o descubrimento de América(1492).
Á Península chegan os suevos(410) e os visigodos (415), entre outros.
No ano 711 un exército de musulmáns procedentes do Norte de Africa conquistou case toda Penínula e creou Al-Andalus , permanecendo ata finais do século XV.
A partir desa data xurden os primeiros reinos cristiáns que se enfrentarán durante séculos aos musulmáns , gañando terras que incorporar aos seus reinos.

A Península Ibérica estivo dividida de diversas maneiras ao longo da historia. Foron os romanos os primeiros que a dividiron en provincias e tras a caída do Imperio Romano chegaron outros pobos “bárbaros”(extranxeiros): suevos, vándalos, visigodos… foron ocupando diferentes territorios.
Os suevos fundaron no Noroeste o primeiro reino europeo tras a caída do Imperio romano no territorio que actualmente ocupan Galciai e boa parte de Portugal.
Máis tarde e polo Sur da Península os árabes ocuparon case todo o territorio, agás Galicia e a ribeira do Cantábrico. A partir destas zonas sen árabes xurdiron outros reinos ademais do galego: o Reino de Navarra, o de Aragón e o Reino de Castela.
Ao final da Idade Media, na Penínsua había cinco reinos: o de Portugal;o de Castela-León(que se unira , e no que quedara metido o vello Reinode Galicia);o de Navarra;o de Aragón;e o de Granada, este era o último dominio que mantiñan os musulmáns, despois de oito séculos de guerras cos reinos do Norte.

mapa das invasións
Antes de analizar algúns aspectos máis a fondo bota un vistazo a esta presentación sobre a Idade Media.

Comentarios (3) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 07-03-2010 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A SOCIEDADE FEUDAL

Nos reinos cristiáns a sociedade estaba dividida en tres grandes grupos sociais:
OS NOBRES: propietarios das terras.
OS MONXES: dedicados á oración e a estudar. Conservaron e divulgaron a cultura.
OS CAMPESIÑOS: traballaban a terra para os nobres ou os monxes .
A sociedade era fundamentalmente rural. A partir do século XI, desenvolvéronse cidades e xurdiron os burgueses, persoas dedicadas ao traballo artesán e ao comercio.
O papel da Igrexa tivo moitoa importancia. Os bispos e abades tiñan tanto poder coma os nobre ,e os mosteiros eran grandes propietarios de terras.
Tamén promoveron a construcción de igrexas e catedráis.
Comentarios (0) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 07-03-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OS CASTELOS MEDIEVAIS
PARTES DUN CASTELO MEDIEVAL
Os castelos eran as residencias dos nobres e tamén servían para que os campesiños se refuxiaran no interior das súas murallas en caso de perigo.
Construíanse en lugares elevados, rodeado dun foxo que so podía superarse a traves dunha ponte levadiza que se baixaba ou levantaba dende o castelo.
Os primeiros castelos estaban rodeados por simples empalizadas de madeira pero pronto estas foron substituídas por fortes o grosos muros de pedra, con torres defensivas e preparados para resistir os asedios dos enemigos.
Estaba organizado en torno a un patio de armas, arredor do cal se situaban a residencia do señor do castelo: a Torre da homenaxe,onde o señor e a súa familia recibían aos cabaleiros e convidados, as cociñas e un gran salón principal, onde se celebraban grandes banquetes.
En tempos de paz organizábanse torneos, traían xograres e trobeiros, e organizábanse cacerías.
A súa dieta era fundamentalmente carne e produtos de caza, abundantemente, o que propiciaba enfermidades como a gota.

En caso de ataque apoboación os campesiños entraban no castelo cos animais.





CASTELOS DE ESPAÑA
CASTELOS MEDIEVAIS
WEBQUEST PARA 2º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 07-03-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OS CABALEIROS MEDIEVAIS
Chegar a ser cabaleiro levaba anos de preparación e cartos para costear todo o que este necesitaba: aramdura, cabalos...Os cabaleiros procedían da nobleza.
Aos sete anos comezaban a súa preparación, entrando a servir com o paxes dalgún noble para aprender boas maneiras .
Ao cumpliren os 14 anos pasaban a ser escudeiros ao servicio dun cabaleiro. Servían a mesa do seu señor e aprendían todo o relacionado coa guerra. Tiñan que manter en bo estado a súa armadura,o seu cabalo, axudar a vestirse ao seu señor e, chegado o caso, entreter á familia interpretando cancións cando anoitecía.
A caza era unha activide que servía de entrenamento para a guerra, exercitándose coa súa práctica no uso do cabalo, o arco e a lanza. Ademais, melloraba a súa resistencia física.
Cando alcanzaban a maioria de idade eran nomeados cabaleiros nunha cerimonia moi especial á que asistían as familias máis importantes e os altos cargos ecleíásticos da zona.
O cabaleiro tiña que xurar lealtade e obediencia ao seu señor e o respeto ás leis de cabaliría.
Tamén os homes que non procedían da nobleza podían ser armados cabaleiros , se amosaban unha valentía e coraxe especiais.
A noite anterior a este acto os candidatos tiñan que facer xexún, bañarse e pasar a noite rezando para purificar a mente e o corpo.A esto denominábase "pasar a noite en vela"
O señor golpeaba coa súa eapda no ombro do candidato quedando nomeado cabaleiro.
As espadas eran moi importantes e caras, polo que normalmente se herdaban de pais a fillos

A educación dun cabaleiro abarcaba múltipkles facetas. Tiña que saber a historia dos reis e das grandes familias da nobleza e saber interpretar os símbolos dos ecudos de armas dos outros cabaleiros, qeu indicaban a súa procedencia.
Ao principio so os clérigos sabían ler e escribir , pero co tempo o goberno das terras complicouse e obrigaba a anotar en libros de rexistro , polo que os cabaleiros accederon ás letras .

As regras de cabaleiría

-Respectar ao non combatentes, especialmente ás mulleres, cregos e anciáns.
-Se levantaban a luba era sinal de que se rendían, a cambio de rescate
-Tiñan que tratar ás damas con profundo respecto e cortesía.
-Ser hospitalarios con seus iguais
-Dar limosna aos pobres
Comentarios (0) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 07-03-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OS MOSTEIROS
monasterio medieval
Nos reinos cristianos do norte da Península a Igrexa tiña un papel moi importante. Os bispos tiñan tanto poder como os nobres e contaban coma eles con pequenos exércitos e a vaslaxe de outros señores e cabaleiros que os defenderan.
O s mosteiros contaban con prpiedades e campesiños que traballaban as súas terras.
Monxes e monxas vivían nos mosteiors dirixidos por un abade ou abadesa.
Os labores cotiáns eran a oración, o traballo e o estudo.
Facían tres comidas ao día no refectorio, pan e verduras constituían a dieta fundamental que completaban con ovos, froita ou queixo, todos eles productos propios.A carne ou o peixe só se comían en ocasións moi especiais.
O mosteiro estaba formado por diferentes construcións en torno á igrexa: celeiro, muiño, corte, enfermaría...O Claustro e a sla capitular eran os lugares onde os monxes rezaban en silencio ou cantaban.
Tamén contaban cunha biblioteca na que se copiaban os libros antigos cunha letra e debuxos moi cuidados, os beatos.

Fora do recinto do mosteiro, rodeado dunha muralla estaban as terras da súa propiedade que eran traballadas polos campesiños. Campos de cultivos, pradeiras e vivendas organizábanse entorno a aquel.

Observa o video sobre a vida nos mosteiros
Los primeros monasterios en la Edad Media
Monasterios de España
Presentación Monasterios Medievales
Comentarios (0) - Categoría: A IDADE MEDIA - Publicado o 07-03-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A EDUCACIÓN DOS NENOS NA SOCIEDADE ROMANA
Ata os sete anos a nai era a encargada da educación dos fillos
A partir dos sete o pai era o encargado da educación dos fillos varones, ensinándolles a ler, escribir, usar as ramas e cultivar a terra. Tamén as boas maneiras, o coñecemento da lei,a moral e a relixión. O neno a compañaba a seu pai a todas partes.
As fillas, pola súa banda, seguían baixo o coidado das nais, das que aprendían os labores domésticos.
Os nenos, ao chegar aos 16 ou 17 anos ingresaban no exército para completar a súa formación.

A partires do século IIa.C.vaise seguir o sistmea educativo grego, tras o contacato con esta cultua qeu marcará a educación e cultura romanas.
Moitos escravos gregos chegarán a Roma para ensinas nas casas dos seus donos e, co tempo, unha vez conseguida a súa libertide abrirán escolas propias.
O ensino Primario ía desde os 7 aos 11 anos e moitas veces levábase a cabo na propia casa,c on profesores particulares inda que cada vez máis os nenos e nenas acudían a unha esola.
A xornada escolar comezaba antes do mencer. Facían un descanso para o almorzo e a sesta e volvían pola tarde á escola.
O ano escolar comezaba o 24 de marzo

As ecolas eran humildes, con sillas e bancos, sen respaldo. Os nenos e nenas escribiían sobre tablillas de cera cun punzón, apoyadas nos xionllos. Aprendían a ler, escribir e contar.Existía unha disciplina férrea, e os castigos eran moi severos, inda que as faltas foran leves.
O ensino Secundario
Chegaba ata os 16/17 anos e aprendían Gramática, lían aos clásicos gregos e latinos, e facían comentarios de textos de todo tipo.
O ensino superior completa a formación daqueles que decidían dedicarse á oratoria ou a actividade pública,recibindo clases de retórica e declamación.
A EDUCACIÓN EN ROMA
Comentarios (0) - Categoría: OS ROMANOS - Publicado o 01-02-2010 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A VESTIMENTA ROMANA

Variaba moito segundo o nivel,social, económico e incluso xeográfico.
A "túnica" era a máis extendida, cinguida por un cordel ou cinturón. A toga reservábase para actos oficiais por parte dos senadores.
Nas zonas mási frías , os homes saban pantalóns, de orixe celta.
As mulleres usaban roupa interior moi similar á actual, e por riba unha túnica de colores vivos e a "estola".
Os nenos levaban unha túnica atas os xionllos. Era branca, cun borde cor carmesí ata que se facía un home, momento no que deixaba de lado a roupa infantil e levaba unha túnica completamente branca.
Los niños llevaban una túnica hasta las rodillas. Era blanca, con un borde de color carmesí. Una vez que un niño se hacía hombre, dejaba de lado la ropa infantil, y llevaba una túnica completamente blanca.
VESTIMENTA ROMANA
Comentarios (0) - Categoría: OS ROMANOS - Publicado o 01-02-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
INTRODUCION

A Idade Antiga comeza coa aparición da escritura e remata no ano 476 aC coa caída do Imperio romano pola invasión dos pobos bárbaros procedentes do norte de Europa e a disgregación do Imperio.
Cando os romanos chegaron á Península Ibérica moitos pobos, con diferentes linguas, culturas e deuses estaban distribuidos polo seu territorio.
Celtas, iberos e celtíberos de diferentes orixes(galacios, astures,...)



Outros pobos de lugares máis lonxanos chegaron á Península establecéndose nela. Eran os pobos colonizadores que ensinaron aos habitantes deste lugar os seus costumes e coñecementos .Crearon ou fundaron bastantes poboados ou cidades ás que chamaron "colonias". Estos pobos foron os fenicios, os gregos e os cartaxineses.


Imos ver unha visión xeral do que sucedia na Península Ibérica e en Galicia-un dos últimos territorios sometidos a Roma-cando os exercitos romanos chegaron, e que aportacións fixeron á nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: IDADE ANTIGA - Publicado o 01-02-2010 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A VIDA NAS CIDADES
As cidades eran o centro da vida social, económica, polítca e cultural do mundo romano.
A cidade estaba amurallada e organizada por cuadrículas perfectamente organizadas.
Existían dous tipos de casas: "dómus" e "insulae"

A "domus": casas unifamiliares, de luxo, reservadas aos ricos.
As "insulae" :casas de andares.Nos baixos atopábanse diferentes negocios . O primeiro andar era a vivenda dos comerciantes, e o resto repartíanse nos diferentes andares.
A maioria da xente vivía no campo, cultrivando a terra e criando gando, en auténticas explotacións agrícolas organizadas arredor das "vilas", grandes casas de campo que albergaban un conxunto de edificacións.
Comentarios (0) - Categoría: OS ROMANOS - Publicado o 31-01-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal