Vicente Montoto, autoblografía


O mesmo mar
(A nevagación principia no capítulo I, ó que desde aquí chegas nun clic)

O meu perfil
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES

EQUIPOS UVEGÁ TEATRO
equipo Cochos1987: COCHOS, de Roberto Vidal Bolaño
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérprete: Vicente Montoto. Axudante de Dirección: Marco Antonio Alcázar. Escenografía: Uvegá Teatro/J.Méndez. Composición Musical: Modesto Pascual. Técnicos de luz e son: Eduardo Soto e Quique Orosa.
Colaboran coa súa voz: Xosé Manuel Beiras, Quico Cadaval, Miguel Cancio, Ana Cermeño, Susana Dans, Xavier Lourido, Xosé M. Olveira "Pico", Cándido Pazó, Pemón Bouzas, Xesús Redondo Abuín, Rodrigo Roel, Joam Trillo, Diego Varela, Marisa Soto, Christian Angermann, Hartmut Martsch e Antonio Mesa.

1988: TRÍNGUILIN TRÁNGALA, de Vicente Montoto.
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Pitusa Paz Cuevas, Susana Dans, Quique Orosa, Xavier Estévez e Mariajo Mosteiro. Música en directo: Roberto Sala (frauta) e Txus Bello (guitarra e percusión). Escenografía e vestiario: J. Méndez. Composición musical: Modesto Pascual. Realización escenografía, atrezo e vestiario: Pablo Seoane, Isabel Vázquez e Lola Area.

1989: FEDRA GOMEZ, de Vicente Montoto.
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Susana Dans, Xavier Estevez, Xavier Picallo, Luís Zahera, Mariajo Mosteiro e Xosé M. Olveira "Pico". Composición e dirección musical: Laura Quintillán. Escenografía: J. Méndez. Técnico de escena: Quique Orosa. Axudante de dirección: Marco Antonio Alcázar.

1990: CEA PARA DOUS, de Aldo de Benedetti.
Dirección: Roberto Salgueiro
Traducción: Adolfo Lozano Borroy e Vicente Montoto. Adaptación: Vicente Montoto.
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Vicente Montoto, María Riveiro e Quico Lago. Escenografía: J. Méndez. Técnico de escena: Quique Orosa.

1991: A ELAS E A CUNQUEIRO, de Álvaro Cunqueiro.
Dirección: Vicente Montoto
Intérprete: Vicente Montoto. Música en directo: Santi Pintos (arpa) e César Martinez (teclados e guitarra). Espacio escenográfico-pictórico: Monse Amigo.

1992: VOLVE O CABARÉ, de Vicente Montoto.
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Ismael Ferrón, Victoria Paz, Pablo Sanmartín e María Riveiro. Música: Xosé Ramón Santomil. Escenografía: Monse Amigo. Vestiario: Miguel Balboa.

1994: ELECTRA, de Manuel Lourenzo-Eurípides.
Coproducida coa E.D.G. Dirección: Manuel Lourenzo
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Luísa Merelas, Vicente Montoto, Alfredo Rodriguez, Patricia Vazquez e Pilar Pereira. Escenografía e vestiario: Xoán Manuel L. Eiris. Composición musical: Bernardo Martínez. Coreografía: Ana Vallés. Cartel: Isaac Días Pardo. Axudante de dirección: Cristina Domínguez. Técnicos de luz e son: Suso Barreiro e Alfonso Pérez Blanco.

1995: COPENHAGUE, de Andrés A. Vila e X.Cid Cabido.
Dirección: Manuel Lourenzo
Premio "Álvaro Cunqueiro" 1992
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Ibán Toxeiro e Xesús Balboa. Escenografía: Xoán M. López Eirís. Axudante de dirección: Xosé Pablo Rodriguez.

1995: VENENOS, de Xesús Pisón.
Dirección: Manuel Lourenzo
Premio "Rafael Dieste" 1994 da Deputación de A Coruña
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Ibán Toxeiro, Mara Sánchez, Xesús Balboa e Pepe Soto. Escenografía: Xoán M. López Eirís. Técnicos de escena: Suso Barreiro e Alfonso Pérez. Axudante de dirección: Xosé Pablo Rodríguez.


1996: PA, de Vicente Montoto.
Dirección: Manuel Lourenzo
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Vicente Montoto, Ibán Toxeiro/Francisco Lestón, Mónica Camaño e Xesús Balboa. Escenografía: Rodrigo Roel. Técnicos de son e luz: Alfonso Pérez e Octavio Más. Axudante de dirección: Xosé Pablo Rodriguez.

1997: MAGNETISMO, de Manuel Lourenzo.
Dirección: Manuel Lourenzo
Premio "Rafael Dieste" 1996
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Paco Campos e Xesús Balboa. Escenografía: Carlos Alonso. Iluminación: Octavio Más. Técnico de son: Alfonso Pérez. Axudante de dirección: Xosé Pablo Rodriguez.

1998: ZOCOS, de Vicente Montoto e Manuel Lourenzo.
Dirección: Manuel Lourenzo
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Francisco Lestón, Vicente Montoto, Mónica Camaño e Fernando Pérez. Vestiario: Carlos Alonso. Realización escenografía: Rodrigo Roel. Zocos: Xesús Martinez e Xosé Castro. Coreografía: Chedes Suárez. Iluminación: Octavio Más. Ilustración cartel e programa: X. Cobas. Colaboran coa súa voz: Xavier Lama, Cristina de Moura, Teresa Carrera e Pablo Rodríguez.

1999: UN HOME QUE SE PARECÍA A MACBETH, de Vicente Montoto
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Vicente de Souza e Vicente Montoto. Colaboran coa súa voz: Mónica Camaño, Susana Dans, Laura Ponte, Mabel Rivera e Anxo Tarrío. Escenografía: Carlos Alonso. Escultura: Ramón Conde. Composición Musical: César Martínez. Iluminación: Octavio Más. Técnico de escena: Pepe López Quintela. Axudante de dirección: Mónica Camaño

2000: A SEÑORITA XULIA, de August Strindberg
Dirección: Vicente Montoto
Traducción: Iolanda Ogando. Versión: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Mónica Camaño, Vicente de Souza e Laura Ponte. Escenografía: Carlos Alonso. Música: César Martinez. Iluminación: Octavio Más.Técnico de son: Pepe López Quintela. Técnico de escena: Ramón Posada. Participan na gravación da música: Alfonso Franco, Santi Frutos, Xavier Bueno, Carlos Castro, Susana, Ruth e Xavier. Deseño gráfico: X. Cobas. Axudante de dirección: Iolanda Ogando.

2001: O RETRATO DE DORIAN GRAI, de Oscar Wilder
Dirección, adaptación e traducción: Vicente Montoto.
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Jabier de Fornos, María Lado, Xosé Manuel Esperante, Pablo Serantes e VicenteMontoto.
Escenografía: Carlos Alonso. Música: César Martinez. Técnico de iluminación: Octavio Más. Técnico de son: Pepe López Quintela. Técnico de escena: Alfonso Gutierrez. Realización vestiario: Mª Dolores Negreira. Fotografía: MARGEN. Imprenta: LITONOR. Axudante de producción: Ramón Abelenda. Axudante de dirección: Laura Ponte.

2002: MULLERES, de Franca Rame e Dario Fo
Dirección, versión e traducción: Vicente Montoto.
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Susana Dans, Laura Ponte e Mara Sanchez. (Laura Ponte é sustituída por Mercedes Castro a partir do 1º de xaneiro do 2003)
Escenografía: Carlos Alonso. Música: César Martinez. Deseñador e técnico de inluminación: Octavio Más. Técnico de escena: Pepe López Quintela. Técnico de son: Alfonso Gutierrez. Fotografía: Margen. Imprenta: Litonor. Axudante de Producción: Ramón Abelenda.

2004: PALLASOS, de Vicente Montoto
Dirección: Vicente Montoto
Ficha artística e técnica. Intérpretes: Xose Luis López “Sacha”, Mara Sánchez, Pepe Penabade, Matilde Blanco, Xosé Manuel Esperante e Vicente Montoto. Voz en of, Luis Iglesias.
Escenografía e deseño gráfico: Carlos Alonso. Música: César Martinez. Iluminación: Octavio Más. Clown asesor: Jouse García. Fotografia: Margen. Gravación: Cuarto Oscuro. Imprenta: Litonor. Costureira: Mª Dulces Negreira. Traxes pallasos: Menkes. Axud. Producción: Ramón Abelenda. Técnico de luces: Octavio Más. Técnico de son: Pepe López Quintela. Técnico de escena: Rubén Rodríguez. Axudante de dirección: Mara Sánchez.


2005: LORENZO VARELA, IRMÁN, COMPAÑEIRO, CAMARADA,
Dirección: Vicente Montoto
Voces: Matilde Blanco e Vicente Montoto
Música: César Martínez.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2011 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
AUDIOVISUAL
Eu como Carolo, heroe da Reconquista de Vigo

A miña presenza no audiovisual é escasa, aínda que a lista que publico mais abaixo disimúleo un pouco. Como exemplo, un botón. O traballo polo que mais xente me parou pra felicitarme foi nunha serie na que Imanol Arias facía de policía xitano da que non recordo o nome. Pasei un día en Vilagarcía de Arousa vestido de policía nacional, pero acabou a xornada e non entrei. Convocáronme pró día seguinte mais eu non podía. Pero a aparición do meu nome nos títulos de crédito do capítulo de marras lanzoume á fama.
En dobraxe, logo de moitos e longos cursos, estiven traballando durante uns anos. Nun momento dado había que negociar o convenio do sector, e alí estaba eu, na mesa negociadora. O convenio por fin asinouse, pero eu non volvín ter convocatorias.

Filmografía como actor ordenada por especialidades
Cine
La noche que dejó de llover (A. Zarauza, 2008);
Rafael (X. Bermúdez, 2008);
Heroína (G. Herrero, 2005);
Nena (X. Bermúdez, 1997);
La ley de la frontera (A. Aristarain, 1995);
Urxa (García Pinal/C.A.L. Piñeiro, 1989);
Gallego (M.Octavio Gómez, 1988);
TVmovies
Eduardo Barreiros (tvmovie) (Simón Casal, 2010)
La Bella Otero (tvmovie) (J. Frades, 2007);
Camiño de Santiago: A Orixe (tvmovie) (J. Algora, 2004);
Condenado a vivir (tvmovie) (R. Bodegas, 2001);
Documentais
Reconquista de Vigo (doc) (AV Media, 2009)
Flores tristes (doc) (M. Abad, 2008);
Domingo Fontán, pasión por la cartografía (doc) (V. Carrera, 1996)
Curtas
Caracolas (Buguinas) (cm) (M. Caruncho, 2008)
Historia da arte (cm) (Javier Batanero, 2007).
Cadea perpetua (cm) (C. Jiménez, 2007);
Adeus Edrada (cm) (R. Riós, 2006);
O partido (cm) (Colectivo Hai que botalos, 2005);
A todo tren (cm) (L. Mosquera,1995);
Coruña imposible (cm) (P. Rañal, 1995);
Contar (cm) (M. Abad,1994);
Un café de ollos verdes (cm) (A. Simón, 1992);
Esperanza (cm) (Ch. Piñeiro, 1986);
Teleseries
Gondar (teleserie) (TVG 2005);
A familia Pita (teleserie) (TVG,1997);
Pratos combinados (teleserie) (TVG, 1995);
Os outros feirantes (teleserie) (TVG, 1989);
Outros
O valor de IGU (videoxogo educativo) Interacción (2010)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
A FORMACION ACTORAL
Vicente Montoto, nunha foto de Tatán, xaneiro 2011
EPILOGO PRIMEIRO

A FORMACION ACTORAL

A formación actoral pode ser regrada ou non, pero sempre é aconsellable. A escola, como xa se ten dito, non fai xenios da interpetación, pero axuda a descubrilos.

E fundamental, é manter a curiosidade por aprender sempre, por formarse permanentemente.

Transmitir o aprendido, o descuberto no exercicio do noso oficio, ten algo de obriga e tamén de necesidade. Pode facerse nos procesos de dirección dun espectáculo, ou tamén en cursos dirixidos a diversos públicos.

Nos meus obradoiros planifico o traballo en cinco eixos:
a) A relaxación.
b) O idioma do corpo e o ritmo.
c) A memoria sensitiva.
d) A improvisación
e) O texto.

Os cinco apartados teñen en cada sesión de traballo unha evolución paralela. Nalgúns casos eu doulle o título de “Curso pra desaprender teatro”. Trátase de descubrir algúns vicios, que pra moitos son “leis” herdadas de vellos mestres, e ver na práctica como afectan á calidade da interpretación.

As primeiras indicacións que eu dou os participantes son:
- Deixar os zapatos e a cabeza na taquilla.
- Prohibido facer “teatro”.
- Nin o noso traballo nin o dos outros é bo ou malo, pode ser interesante ou non, nada mais.

Todo é corpo

O noso corpo é a ferramenta central pró traballo actoral. A enerxía necesaria sen a que non pasa nada, ten como enemiga mortal á tensión. A relaxación prepáranos pra deixar fluir a enerxía.

O corpo ten unha linguaxe propia e moi rica nas súas relacións co espacio, con outros corpos, cos obxectos ou co ritmo. A sabeduría que o noso corpo acumula é inmensa.

A vista, o oído, o olfato, o tacto, o gusto, están gardados no noso corpo, alertas sempre a calquera estímulo. E seguen presentes no noso traballo interpretativo, nas cousas e nas xentes que vemos, oímos, cheiramos, tocamos ou degustamos, tamén en escena ou no plató. Cando desconectamos dos sentidos estamos facendo “teatro”.

O texto, cando existe, pra instalarse con éxito, precisa un corpo receptivo, alerta.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2011 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
LORENZO VARELA
Lorenzo Varela2005: LORENZO VARELA, IRMAN, COMPAÑEIRO, CAMARADA

“Un río ancho como un mar prendido
a una orilla de costa temerosa,
y un valle en que los sueños de mi llanto
formaban amapolas sobre las vides secas.

Era el aire un espejo de distancias
y en cada instante la muerte de las horas
crecía en el silencio del olivo sin fruto.
La luz caía de un manantial de soles
y el esplendor del día daba mortaja al campo
desde el dorado y viejo silencio del Castillo:
¡Castillo de Gandesa, muerte a muerte torreado!
Parada la corriente del río, pensativas,
las aguas no decían su palabra marina.
Como si fuese un corazón, el tiempo,
latía sin moverse en cada flor rendida,
en cada piedra inerte, en cada hoja callada.

No era luz de vendimia aquella luz entera,
ni era el silencio puro el silencio del trigo,
ni las llorosas aguas del río inmóvil eran
lágrimas de molinos y sembrados.
Ni el espejo lejano del aire transparente
decía la figura del campo ensimismado.
Era que alguien se iba sin nombre y sin vestidos
y a su paso la sangre daba su flor pasmada.
Y no crecía el son de la espiga en el surco
porque alguien se llevaba el aliento del mundo,
el alba de los días.”


Este poema de Lorenzo Varela chámase “Muerte del héroe”. Unha foto da memoria do poeta dos seus anos de soldado na guerra civil, cando a batalla do Ebro.

“Lorenzo Varela, irmán, compañeiro, camarada”, foi a última producción de Uvegá Teatro, no ano en que se dedicou o día das letras galegas ó poeta de Monterroso (Lugo), nacido no mar, chegando á Habana.

Ficha artística e técnica:
Voces: Matilde Blanco e Vicente Montoto
Música: César Martínez


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2011 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Hoteles Sierra Nevada