|
|
|
|
AUDIOVISUAL |
|

A miña presenza no audiovisual é escasa, aínda que a lista que publico mais abaixo disimúleo un pouco. Como exemplo, un botón. O traballo polo que mais xente me parou pra felicitarme foi nunha serie na que Imanol Arias facía de policía xitano da que non recordo o nome. Pasei un día en Vilagarcía de Arousa vestido de policía nacional, pero acabou a xornada e non entrei. Convocáronme pró día seguinte mais eu non podía. Pero a aparición do meu nome nos títulos de crédito do capítulo de marras lanzoume á fama.
En dobraxe, logo de moitos e longos cursos, estiven traballando durante uns anos. Nun momento dado había que negociar o convenio do sector, e alí estaba eu, na mesa negociadora. O convenio por fin asinouse, pero eu non volvín ter convocatorias.
Filmografía como actor ordenada por especialidades
Cine
La noche que dejó de llover (A. Zarauza, 2008);
Rafael (X. Bermúdez, 2008);
Heroína (G. Herrero, 2005);
Nena (X. Bermúdez, 1997);
La ley de la frontera (A. Aristarain, 1995);
Urxa (García Pinal/C.A.L. Piñeiro, 1989);
Gallego (M.Octavio Gómez, 1988);
TVmovies
Eduardo Barreiros (tvmovie) (Simón Casal, 2010)
La Bella Otero (tvmovie) (J. Frades, 2007);
Camiño de Santiago: A Orixe (tvmovie) (J. Algora, 2004);
Condenado a vivir (tvmovie) (R. Bodegas, 2001);
Documentais
Reconquista de Vigo (doc) (AV Media, 2009)
Flores tristes (doc) (M. Abad, 2008);
Domingo Fontán, pasión por la cartografía (doc) (V. Carrera, 1996)
Curtas
Caracolas (Buguinas) (cm) (M. Caruncho, 2008)
Historia da arte (cm) (Javier Batanero, 2007).
Cadea perpetua (cm) (C. Jiménez, 2007);
Adeus Edrada (cm) (R. Riós, 2006);
O partido (cm) (Colectivo Hai que botalos, 2005);
A todo tren (cm) (L. Mosquera,1995);
Coruña imposible (cm) (P. Rañal, 1995);
Contar (cm) (M. Abad,1994);
Un café de ollos verdes (cm) (A. Simón, 1992);
Esperanza (cm) (Ch. Piñeiro, 1986);
Teleseries
Gondar (teleserie) (TVG 2005);
A familia Pita (teleserie) (TVG,1997);
Pratos combinados (teleserie) (TVG, 1995);
Os outros feirantes (teleserie) (TVG, 1989);
Outros
O valor de IGU (videoxogo educativo) Interacción (2010)
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Pues las recomendaciones que nos dejas por aqui parecen interesantes, sobre todo la de A Familia Pita,#blgtk08# de la cual me han hablado muy bien hace tiempo y sigo con ganas de verla. Donde la podemos encontrar? |
|
|
Comentario por Prestamos Personales (09-11-2011 15:39) |
|
|
2 |
Non sei se estará en DVD. ¿Investig#blgtk08#aches en internet?
Un saudo. |
|
|
Comentario por Vicente (30-11-2011 21:35) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|