|
|
|
|
A FORMACION ACTORAL |
|
 EPILOGO PRIMEIRO
A FORMACION ACTORAL
A formación actoral pode ser regrada ou non, pero sempre é aconsellable. A escola, como xa se ten dito, non fai xenios da interpetación, pero axuda a descubrilos.
E fundamental, é manter a curiosidade por aprender sempre, por formarse permanentemente.
Transmitir o aprendido, o descuberto no exercicio do noso oficio, ten algo de obriga e tamén de necesidade. Pode facerse nos procesos de dirección dun espectáculo, ou tamén en cursos dirixidos a diversos públicos.
Nos meus obradoiros planifico o traballo en cinco eixos:
a) A relaxación.
b) O idioma do corpo e o ritmo.
c) A memoria sensitiva.
d) A improvisación
e) O texto.
Os cinco apartados teñen en cada sesión de traballo unha evolución paralela. Nalgúns casos eu doulle o título de ?Curso pra desaprender teatro?. Trátase de descubrir algúns vicios, que pra moitos son ?leis? herdadas de vellos mestres, e ver na práctica como afectan á calidade da interpretación.
As primeiras indicacións que eu dou os participantes son:
- Deixar os zapatos e a cabeza na taquilla.
- Prohibido facer ?teatro?.
- Nin o noso traballo nin o dos outros é bo ou malo, pode ser interesante ou non, nada mais.
Todo é corpo
O noso corpo é a ferramenta central pró traballo actoral. A enerxía necesaria sen a que non pasa nada, ten como enemiga mortal á tensión. A relaxación prepáranos pra deixar fluir a enerxía.
O corpo ten unha linguaxe propia e moi rica nas súas relacións co espacio, con outros corpos, cos obxectos ou co ritmo. A sabeduría que o noso corpo acumula é inmensa.
A vista, o oído, o olfato, o tacto, o gusto, están gardados no noso corpo, alertas sempre a calquera estímulo. E seguen presentes no noso traballo interpretativo, nas cousas e nas xentes que vemos, oímos, cheiramos, tocamos ou degustamos, tamén en escena ou no plató. Cando desconectamos dos sentidos estamos facendo ?teatro?.
O texto, cando existe, pra instalarse con éxito, precisa un corpo receptivo, alerta.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Me ha parecido muy interesante el prologo que nos has dejado por aqui, ya que se nota que l#blgtk08#as cosas estan bien hechas y no hay nada mejor para que la gente lo comprenda todo. Verdad? |
|
|
Comentario por Prestamos Personales (09-11-2011 15:44) |
|
|
2 |
Gracias polo teu #blgtk08#interese. Saúdos. |
|
|
Comentario por Vicente (30-11-2011 21:43) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|