Vicente Montoto, autoblografía


O mesmo mar
(A nevagación principia no capítulo I, ó que desde aquí chegas nun clic)

O meu perfil
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES

2001: O RETRATO DE DORIAN GRAI, de Oscar Wilde
Oscar Wilde, autor de O retrato de Dorian Grai

¿POR QUÉ “O RETRATO DE DORIAN GRAI”?

De sempre son un admirador da brillantez dos textos de Óscar Wilde. Mais, como di o propio autor, “A beleza é o símbolo dos símbolos, revélao todo porque non expresa nada”. Pode ser esa a razón que fixo que nunca me tentara montar un dos seus textos. Pero relendo a súa única novela, “The picture of Dorian Gray”, cheguei ó convencemento de que esta abordaba un tema universal nunca resolto, e con múltiples expresións na sociedade actual, a consecución da eterna xuventude, coa mesma brillantez.

E aínda mais, a abundancia de diálogos levoume a imaxinar que en “O retrato” había un texto teatral, que no momento histórico que lle tocou vivir ó autor, o renacer do conservadorismo moral e político inglés que o mesmo Oscar Wilde sufriu nas súas carnes, facían imposible a súa posta en escena.

A partir desta percepción, e logo de consultar ducias de edicións da novela, e ler o seu texto do cárcere, os seus poemas, e múltiples biografías, puxen mans a obra de adaptar ó teatro este texto.

Foi un traballo minucioso, complexo e apaixonante.

UNHA FELIZ COINCIDENCIA

Coincidindo co proceso de adaptación de “O retrato”, participei en Santiago de Compostela nun curso de teatro físico impartido polo mestre británico John Wright. Foron uns días de intenso e apaixonante traballo. E entre os compañeiros que participaban no curso foron aparecendo os que serían os personaxes da versión: Xosé Manuel Esperante (Dorian), Paulo Serantes (Basil, o pintor), e Xabier Deive (Lord Henri). O reparto completariámolo María Lado (Sibil) e eu mesmo como Xavier.

Aplicamos as nocións recibidas sobre o traballo da máscara (entendida como máscara física integral, non no senso grego), e como todos tiñamos claves comúns e frescas, foi moi proveitoso o traballo preparatorio prós ensaios.

A DRAMATURXIA

Eu tiven moi claro dende a mesma adaptación á posta en escena que Dorian era o resultado, por acumulación na súa evolución, da influencia do presuntuoso e desocupado Lord Henri, do pintor Basil, pechado no seu mundo de artista, e do medio sofisticado e egoísta no que se movían. Sibil, en principio namorada de Dorian, poría en evidencia a hipocrisía na que este se desenvolvía, ó levar ó teatro elementos da realidade. E Xavier, o pai de Sibil, era a representación do mundo real, da miseria e do traballo.

A acumulación expresábase tamén no espacio escénico, que ía variando de cor (o branco do estudio do pintor, o colorido das ricas teas mercadas polo Lord, ata a casa de Dorian, que aparecía debaixo desas capas. A luz cumpría idéntica función, con un sistemas de burras cos focos á vista no escenario.

O vestiario era actual, pero coidando a diferenciación de estamentos sociais. O almacén de restos de tempada dunha refinada boutique santiaguesa de roupa de homes permitiu darlle o empaque necesario, e a prezo de saldo, claro.

Coido que o resultado, con todo o que tiña de reto ó tratarse dun texto amplamente coñecido como novela, foi moi digno.

UN CHEO HISTÓRICO

As dúas funcións de “O retrato de Dorian Grai” que fixemos na sala grande do Centro Cultural Caixanova de Vigo foron certamente sorprendentes. Enchemos os dous días o amplo aforo da sala de concertos, cunha resposta entusiasta do público ó remate das actuacións.

Toda a xira tivo unha acollida importante nos diversos teatros e auditorios.


Ficha artística e técnica.

Intérpretes: Xavier Deive (daquela Jabier de Fornos), María Lado, Xosé Manuel Esperante, Paulo Serantes e Vicente Montoto.
Dirección: Vicente Montoto

Escenografía: Carlos Alonso.
Música: César Martinez.
Técnico de iluminación: Octavio Más. Técnico de son: Pepe López Quintela. Técnico de escena: Alfonso Gutiérrez. Realización vestiario: Mª Dolores Negreira. Fotografía: MARGEN. Imprenta: LITONOR. Axudante de producción: Ramón Abelenda.
Axudante de dirección: Laura Ponte.




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2010 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Excelle#blgtk08#nt post
Comentario por Doudou plat dinosaure bleu (27-08-2013 17:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Hoteles Sierra Nevada