Vicente Montoto, autoblografía


O mesmo mar
(A nevagación principia no capítulo I, ó que desde aquí chegas nun clic)

O meu perfil
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES

XXIX
Francisco Lestón, Fernando Pérez, Vicente Montoto e Mónica Camaño, en Zocos


CON MANUEL LOURENZO


Do 1994 ó 1998, Manolo, Manuel Lourenzo, mantivo unha fructífera colaboración coa miña compañía, Uvegá Teatro. Dirixiu seis espectáculos e tivemos a honra de celebrar no 1997 o Premio Nacional de Literatura Dramática que lle foi concedido aquel ano. A miña amizada con Manolo viña de anos atrás, e o traballo conxunto foi máis que doado.

Hai uns días lin no xornal que anda a escribir o libreto pra unha ópera. E hoxe souben que os mestres de certa escola en USA van ir armados pra poñer orde na clase.
Manolo (mestre en toda a amplitude do termo, autor, poeta, actor, director, debuxante, traductor, editor, emprendedor, libreiro, ciclista, nadador....) semella un home do renacemento. De aí a asociación de ideas, entre as letras e as armas. Tamén podería dicir que é un home enciclopédico, pola súa sabedoría. Pero contrariamente ós acumuladores de información, que se ven na obriga de facer un discurso veña ou non a conto (en xeral non vindo a conto), Manolo emprega os seus fondos coñecementos como ferramenta pró seu traballo creativo, sen ostentacións. Son as súas armas.

ELECTRA (1994)

A ?Electra? de Manuel Lourenzo, inspirada en Eurípides, foi unha empresa conxunta de Uvegá e a EDG, coa que principiamos estes anos de colaboración. El levaba a dirección artística, e eu a producción. Unha experiencia certamente gratificante, a pesares da aventura que representou. Construímos un teatro nunha enorme nave do Porto da Coruña. Un teatro case grego, semicircular. Richar, o xefe técnico do Rosalía de Castro, á fronte dunha brigada de traballadores do concello, foron facendo realidade as ideas que como director de producción lles expuxen, montando ferro a ferro unha grada frontal e dúas laterais. O escenario, construído por Rodrigo Roel, coa súa recoñecida mestría, era ó mesmo tempo a escenografía.

O reparto era potente: Luísa Merelas, Patricia Vázquez, Pilar Pereira, Alfredo Rodríguez e eu mesmo. E unha axudante de dirección de luxo, Cristina Domínguez; un gran cartelista, Isaac Díaz Pardo, e unha exquisita composición musical de Bernardo Martínez.

Estivemos un mes seguido na Coruña, con cinco funcións semanais, e quince días no Teatro Galán de Santiago. A xestión de público tivo moi boa acollida nos Institutos de Ensino de toda Galicia, e centos de mozos e mozas asistiron ás representacións, pagando a súa entrada.

COPENHAGUE (1995), VENENOS (1995), PA (1996), MAGNETISMO (1997) e ZOCOS (1998)

Un texto de Xosé Cid Cabido e Andrés A. Vila, ?Copenhague?, dous de Xesús Pisón, ?Venenos? e ?Magnetismo?, un meu, ?Pa?, e outro a medias entre Manolo e mais eu, ?Zocos?, foron as montaxes que nos ocuparon eses anos.

Co texto de Cid Cabido e Andrés Vila adentrámonos nas fonduras do ?evidencialismo?, unha nova corrente aínda sen desenvolver na súa potencialidade, que o inesquecible Ibán Toxeiro, e mais Xesús Balboa interpretaron con enorme entrega.

Os textos de Pisón, ?Venenos? e ?Magnetismo?, e o meu de ?Pa?, coincidían en tocar, de xeito directo ou máis tanxencial o tema da homosexualidade. Por iso, e por outros traballos posteriores, no 2004 daríanme o premio ?Legais? de Vigo, do que xa teño falado e que moito agradecín.

Compre lembrar, pró anecdotario, que ?Venenos? foi ensaiado en Vigo, paralelamente á longa tempada que fixemos no Auditorio do Concello con ?Copenhague?, xa que no reparto estaban xunto a Ibán e Xesús, Mara Sánchez e Pepe Soto, e coa axudantía de dirección de Pablo Rodríguez, actual Director-xerente do Auditorio de Galicia de Santiago. Alugámoslle un amplo piso á Señora Elisa en Vigo, que foi comuna e local de ensaio. A señora Elisa tiña unha filla casadeira, e parece que lle gustaba Xesús Balboa pra xenro, polo que deixaba ver nas súas visitas ó piso. Ó remate dunha das funcións de ?Copenhague?, á que asistiu coa súa filla, deixou un ramallete de flores no escenario e foise. Diríanos logo que lle dera vergoña entrar nos camerinos. Inesquecible señora Elisa.

?Zocos?, co que pechamos eses catro fructíferos anos de colaboración, escribímolo a catro mans Manolo e mais eu, a partir dunha idea miña. Non lembro ben como empezou a cousa, pero comezou. Manolo veuse pechar á miña casa de Cortegada, en Ames. Eu deixáballe cada mañá o esquema da escena (o da peza, as ideas, situacións, xa llo dera antes), e Manolo poñíalle os diálogos. Eran xornadas de traballo case industrial. Antes do amencer, erguerse. Eu ía pasear o meu Rocco polo campo, que aínda non me fixeran o peche prometido do patio e tiña que telo atado, e Manolo preparaba o almorzo. Eu saía facer os traballos de producción, as xestións burocráticas, e Manolo, como disciplinado amanuense, escribía. E eu aproveiteime dos seus grandes coñecementos culinarios, deixándolle a responsabilidade de facer o xantar. Polas tardes ou había ensaio, ou algunha función, e se non, seguiamos dándolle forma a ?Zocos?.

Por certo, e todo hai que dicilo, non foi fácil dar cun zoqueiro que fixese uns zocos de tacón alto, como os que esixía o guión. Logo de arduas pescudas en zapaterías, feiras e mercados, dei con un que asumiu o traballo da parte da madeira. Foron precisas varias visitas previas, e por fin el atopou un toro de madeira que dixo era o indicado, forte e livián de peso, e conseguímolo. O seguinte foi dar co que fixese a parte de coiro dos zocos. Por fin dei con un que aceptou implicarse, e non só fixo o seu, senón que incluso lle incluíu uns adornos brillantes, moi acordes co espírito da historia.

Mónica Camaño (Xulieta), Francisco Lestón (Mode-Romeo), Fernando Pérez (Romeo-Mode) e eu (Tradi), moi ben o pasamos, e coido que tamén os espectadores, con aquel traballo.

Unha situacións, das moitas que deu de si esa convivencia, daríame pé pra un traballo posterior, ?Pallasos?, pero diso xa falaremos máis adiante.







Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2008 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Grac#blgtk08#ias
Comentario por Doudou plat dinosaure vert (27-08-2013 17:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Hoteles Sierra Nevada

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0