|
|
|
|
Xuntanza de blogueiros en Agolada |
|

BLOGUEIROS POLO SOBREIRAL DO ARNEGO
En principio pretendía unicamente subi-la foto que sae na edición do Deza da Voz, da Xuntanza de Blogueiros en Agolada o pasado sábado día 31. Pero xa posto, vou dicir catro cousas.
Eu coidaba, como xa dixen hai uns días, que sería unha experiencia moi interesante este encontro. Quedéime curto. Foi un día que non esqueceremos os e as participantes. O de ?poñerlle cara? a quen publica un blog, como dixemos todos, non só non rompeu a maxia, senón que a proxectou e amplificou. Porque a maxia está na xente que se dá xenerosamente nesa especie de ?praia nudista? da carne feita palabra, por non dicir, pra non soar demasiado bíblico, do verbo feito carne. E feito sentimento, medo, alucinación creativa, comunicación ecuménica (diós, cantas referencias vaticanas pra un ateo!!!). En fin, unha pasada.
¿Como non se ía producir toda esa maxia, nesa encrucillada de camiños na que hai séculos agromaron en pedra os Pendellos de Agolada? Manolo Busto, o ?gran mestre? (por partida dobre) do encontro, ilustrounos coa súa erudición e o seu amor e paixón sen paliativos pola recuperación dese espacio singular, que por fin parece entrar en vías de facerse realidade. ¡Sen tempo non era!
E logo o paseo, ás beiras do Río Arnego, afluente do Ulla, entre ese sobreiral único, árbore, o sobreiro ou sobreira, con vocación tamén de espirse pra darse, testemuña e sombra dos campesiños que en tempos levaban o seu gran a moer nos muíños do río, e cortizo prá dozura do mel.
Ós Pendellos de Agolada chegamos pola maña acompañados de música, os rapaces da banda, os gaiteiros e tamborileiros, e ós Pendellos volvemos para despedirnos dunha xornada tan ?particular?.
Manolo, a Asociación de Amigos dos Pendellos, a xente da vila, deixáronos, deixáronme, sen vocabulario pra agradece-lo recibimento co que nos agasallaron. Por iso funme sen saudar, sen adeuses, pra evitar que as palabras, tantas veces enganosas, non soubesen expresar a fondura do meu agradecemento.
E, paradoxos da vida, en Agolada (auga levada), que foi a capital dos blogueiros e blogueiras chegados de toda Galicia o día 31 de maio de 2008, non teñen conexión de banda ancha de internet.
|
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
Amigo Vicente: Grazas por estas palabras tan calificadas e autorizadas. Síntome especialmente honrado de terte coñecido e a Asociación agradéceche todo o entusiasmo que puxeches des o primeiro día para acudir a esta Xuntanza. A túa aportación foi enormemente interesante#blgtk08# e a túa compañía un agasallo para todos nós.
Coincido plenamente nas túas afirmacións de que foi un día especial, que será difícil de esquecer. Construímolo entre todos.
Unha aperta deste teu amigo e lector. Desde Agolada, esa encrucillada que nos axuntou. |
|
|
Comentario por Manuel Busto (02-06-2008 11:10) |
|
|
2 |
Foi un pracer coñecervos un pouco, compartir, descubrirnos no mellor dos sentidos. Que a vena creativa non pare nunca e que este encontro sexa só un comezo. #blgtk08# />
No seguinte enderezo podedes ollar algunhas fotos do encontro
http://picasaweb.google.com/lvinhas6/Xuntanzablog
unha aperta
|
|
|
Comentario por Luis Viñas (02-06-2008 18:41) |
|
|
3 |
Amigo Manolo:
Canto esforzo e canto amor teu, e dos teus, pra regalarnos este 31 de maio. Conta comigo pró que poida serche útil, sempre que queiras, e nin así me quedarian anos suficientes pra agradecerche esas horas en Agolad#blgtk08#a.
Amigo Luis:
Un segredo. Estiven tentado de coller, ó remate, o micro, pra dicir que "só o paxaro migratorio te conmove porque soña coa partida e co retorno". Á próxima vai, que o soño continúa. Unha aperta. |
|
|
Comentario por Vicente (02-06-2008 21:39) |
|
|
4 |
Gustoume falar contigo. #blgtk08#Foi pouco pero gustoume. |
|
|
Comentario por paideleo (02-06-2008 23:34) |
|
|
5 |
Para a seguinte, máis avisados, improvisaremos á antigua usanza, con todo preparado.
O verso é enorme:
"só o paxaro migratorio te #blgtk08#conmove porque soña coa partida e co retorno"
quedaron tantas cousas por falar...
Xa nolas leremos..
saúdos |
|
|
Comentario por juanjo (03-06-2008 16:08) |
|
|
6 |
Juanjo, o poema é de Luís Viñas, do libro colectivo "a porta verde do sétimo andar". Enorme e como feito de encarga par#blgtk08#a ese momento que xa todos gardamos como un tesouro compartido, o encontro en Agolada.
Un saúdo.
Vicente |
|
|
Comentario por Vicente (03-06-2008 21:54) |
|
|
7 |
ola Vicente!
pois que me queda xa por dicir?
que estou moi, pero moi de acordo co que todos estamos a contar nos nosos blogues.
Que é moi dificil xa dar unha perspectiva orixinal do agradecemento que sinto, pero bueno, esto dos agradecementos non entende de orixinalidades, e con sentilo, xa é un gran paso.
A verdade e que si nos poñemos a pensar, non podíamos atopar unha paraxe tan especial para facer#blgtk08# a nosa xuntanza como Agolada, cruce de camiños nas nosas vidas, cambio de rumbo para unha primaveira húmida e nostalxica para moitos de nós!
Atoparvos en Agolada, foi empaparme de auga ben fresquiña, para coller folgos e pendurarme o sorriso eternamente.
estou con Juanjo, foi pouco tempo para falarmos todos, pero aí quedou a xuntanza, os camiños abertos para camiñalos, para ir facendo novas rutas!
|
|
|
Comentario por bagoas insomnes (04-06-2008 12:15) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|