|
|
|
|
XXIII |
|

VINTE ANOS DESPOIS
O 6 de xullo de 1987 deime de alta na Licencia Fiscal, e criei a compañía teatral Uvegá Teatro. 18 espectáculos estreados e distribuídos. Un mundo de xente colaborando: actores, actrices, directores, técnicos, escenógrafos, iluminadores, figurinistas, atrezistas, músicos, deseñadores, autores, traductores, fotógrafos, ferreiros... Cantos fantásticos profesionais, canta boa xente, cantos amigos e amigas.
A miña intención é a partir do seguinte capítulo facer un repaso polo traballo destes vinte anos, non tanto como información, senón verbalizando e afondando no aprendido, no descuberto, no investigado e posto en práctica, por se a alguén lle pode ser de utilidade.
E tamén contextualizar as escollas feitas, referidas esencialmente ó meu traballo como director e autor ou adaptador e traductor.
En definitiva, dar resposta, na medida do posible, ós múltiples ¿por qué? que aparecen no proceso creativo.
E por suposto, traer aquí as moreas de anécdotas que se produciron arredor de cada espectáculo, dentro ou fóra da representación.
Como aínda segue en internet a páxina de Uvegá Teatro, www.uvegateatro.com, remitirei a ela a quen queira coñecer polo miúdo tanto datos coma información gráfica (fotos, programas de man) e mesmo algún texto da biblioteca virtual que ten esta web.
O espectáculo inaugural de Uvegá Teatro foi Cochos, de Roberto Vidal Bolaño, estreado o 29 de novembro do 1987, en Verín. Falando de Cochos principiarei a segunda parte desta xa longa autoblografia.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Vicente, é un pracer chegar a esta túa casa virtual. Será unha l#blgtk08#edicia compartir contigo un día de Xuntanza. Grazas e ata o 31. |
|
|
Comentario por Manuel Busto (10-05-2008 00:11) |
|
|
2 |
Gracias a ti, Manuel, e a todos os que estades traballando na organi#blgtk08#zación dese encontro de blogueiros na Golada.
Vémonos o 31. |
|
|
Comentario por Vicente (10-05-2008 16:30) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|