Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xabier Docampo e a lingua galega
Acabo de chegar dunha charla organizada pola histórica Agrupación Cultural O Facho, e na que o escritor Xabier Docampo falou sobre a situación da lingua galega.

Como é unha das cabezas máis visibles da nova plataforma en defensa do galego chamada Prolingua, que se vai presentar en público o sábado 3 de outubro en Santiago, sabe bastante do que fala.

Ilustrounos cun argumentario deseñado principalmente por Quique Costas, da Universidade de Vigo, e que vai ser o que se presente e defenda nesa presentación.

Saúdos.
Prolingua
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2009 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
No se preocupe
Onte pola noite fun á ultima sesión de curtametraxes na Cidade Vella da Coruña. Estiveron organizadas pola Concellería de Cultura do Concello, e foron todos os venres de setembro. Xa intentara ir varios días máis, pero fórame imposible, e polo menos cheguei a tempo para ver a última proxección.

Pasamos un rato moi agradable e o colofón final foi esta divertidísima curta titulada "No se preocupe", que tamén atopei en Youtube.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Recital poético de Suso Pensado e Xoán Abeleira
Este último martes tocaba un novo recital poético de poetas coruñeses, como todos os meses, e era a quenda de Suso Pensado e Xoán Abeleira.

O que pasa é que estas dúas persoas teñen máis prestixio como tradutores de poesía que como creadores da súa propia, aínda que tamén se lles valora como isto último.

Poño unha foto de Suso, xa que Xoán saíu hai pouco neste foro, e Suso prodígase moito menos. Foron presentados por Xulio López Valcárcel.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 25-09-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Re-estrea de "A esmorga" de Sarabela Teatro
A semana pasada tiven o privilexio de ser invitado á re-estrea (xa fixeran a obra hai 13 anos, pero o cambio é apreciable) da obra "A esmorga", de Eduardo Blanco Amor, en versión do grupo de teatro ourensán Sarabela.

Para iso tiven que desprazarme ata Ourense, xa que a obra representábase no seu novo Auditorio. Pero foi un pracer facelo e todo un acerto, xa que a interpretación é excepcional.

Agora o grupo vai facer no que resta de ano bastantes representacións na súa cidade (xa que acaban de ser nomeados compañía residente) pero agardo que movan este espectáculo por todo o país, para que todos poidan disfrutalo.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Desvelando as mentiras de Feijoo
Non hai moito, púxose en marcha un blog ben interesante, que fala sobre as mentiras de Feijoo. Recoméndovos a súa visita, os que escriben aí saben do que falan. Está en

http://feijoomente.blogaliza.org/

Saúdos.
Desvelando as mentiras de Feijoo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-09-2009 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María: versos para sempre cantar
O outro día asistimos a un acto ben bonito e xusto. Cumpríanse cinco anos da morte de Manuel María, poeta nacional.

Organizado pola Fundación que leva o seu nome, e apoiado por entidades como a AS-PG, A Mesa pola NL e o Concello da Coruña, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña tivo lugar un emotivo acto.

Resultou moi áxil e variado. Houbo un audiovisual que non se emitiu todo deseguido, senón dividido en tres ou catro anacos. Houbo discursos institucionais, recitado de poemas a cargo de Dores Tembrás e Santiago Rodríguez (que voz a deste home!!!) e finalmente unha divertida representación da obra de teatro infantil "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" a cargo da actriz María Inés Cuadrado (que fixo uns dez personaxes) acompañada do cuarteto de clarinetes Xerión.

En definitiva, unha cousa moi chula que deixou contento a todo o público que ateigaba o teatro ata a última butaca.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Eça de Queirós
Hoxe volvín, despois de dous meses, ás miñas queridas tertulias de Villa Florentina en Cecebre (sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez). O primeiro domingo de mes organizan unha agradable charla en torno a algún persoeiro da cultura ou da sociedade, sobre todo galega, pero tamén española ou portuguesa.

O tema de hoxe era o escritor luso Eça de Queirós. Diplomático que pasou boa parte da súa curta vida (morreu aos 55 anos) de cónsul en diferentes partes do mundo, como A Habana, Newcastle, Londres, París, etc. Tamén fixo unha viaxe a Oriente Próximo na que asistíu á inauguración do Canal de Suez, e tivo unha breve estadía duns meses en Estados Unidos e Canadá, pero nunca puido estar no Brasil, un dos seus soños. Como bo diplomático, tivo tempo (polo pouco traballo, supoño) para escribir bastante.

Falamos da súa vida, léronse algúns fragmentos da súa obra, como algunhas das "farpas", que eran unhas feroces críticas da vida política portuguesa do seu tempo, etc.

Teño que dicir que os "Contos" de Eça de Queirós foron, de momento (espero que pronto sexan máis), a única obra que lin directamente en portugués. Experiencia moi grata e enriquecedora.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2009 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mal de escola
Merendeime hoxe un libro de 300 páxinas que pasou pola miña casa. É fatal para a vida dos libros collerme nun día "libre".

Titúlase "Mal de escola" e o autor é bastante célebre en Francia, polo visto, chámase Daniel Pennac. Fala do fracaso escolar alí, dos malos estudiantes, e el crese autorizado a falar do tema xa que foi un estudiante nefasto que non se sabe moi ben como saíu adiante. Segundo el, a lectura e varios profesores que tivo que lle infundiron confianza foron determinantes para "saír do pozo".

O libro está ben, pero tampouco é para tanto. Comenta algunhas cousas interesantes pero tampouco descubre a pólvora. Se cadra as claves máis interesantes están cerca do final cando di que a principal causa do fracaso escolar actual nos nenos e nos adolescentes está baseada en que son basicamente consumidores e clientes. Son fillos moi desexados que en canto a consumismo están case á par dos adultos (con cartos que non ganan eles, claro) e moitos non entenden que na escola haxa que traballar para obter un resultado. Hai algúns que si o entenden e aceptan, pero cada vez son máis os que non.

En definitiva, o que xa dixemos moitos antes, a escola é un dos poucos sitios que queda onde se intenta adestrar e valorar o esforzo para conseguir as cousas, e onde se intenta poñer algo de orde e disciplina na vida. E como xa case somos os únicos que o facemos, claro, a impopularidade crece, tampouco debería estrañarnos. O problema é reflexionar por qué na sociedade actual hai esa tendencia tan insana.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2009 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Música para un ouveo
O outro día asistimos no Teatro Rosalía da Coruña a un deses eventos pouco convencionais que me gusta ver. Hai que recoñecer que é un certo risco pero polo menos non deixa indiferente.

O compositor Borja Costa e o poeta e tradutor (e amigo) Xoán Abeleira presentaban a súa representación de "Música para un ouveo", baseada en Howl & other poems de Allen Ginsberg, poeta da Xeración Beat americana.

Non me disgustou, en absoluto. Entre que a música orquestada por Borja Costa cun cuarteto de corda e un piano era plenamente contemporánea (imaxinádevos xa a cousa) e a poesía de Ginsberg non é moi amable que digamos (nunca lera nada pero algo sabía desta xente e as súas andanzas), a combinación non estivo mal. Manolo Rivas fixo a presentación introdutoria.

Só para completar, contarei o pouco que sei da Xeración Beat. O meu maior contacto con ela, pero intenso, foi hai uns 20 anos, cando lin a mítica novela "No camiño" de Jack Kerouac (On the road), onde contaba as súas andanzas por Estados Unidos nunha bacanal continua cos seus colegas Allen Ginsberg, William Burroughs e Neal Cassady, entre outros. Máis ou menos daquela vin unha película titulada "A xeración perdida", protagonizada por John Heard, Nick Nolte e Sissy Spacek que falaba desta xente. Póñovos aí a ficha da película na IMDB.

Saúdos.
Ficha da película na IMDB
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
O debuxo animado americano

Estes días fun ver unha moi interesante exposición que leva xa varios meses na Fundación Luís Seoane da Coruña e que será clausurada o 27 de setembro. Trata sobre "O debuxo animado americano". Digo que fun vela estes días porque xa fun varias veces e seguramente aínda volverei, xa veredes a razón.

Ocupa un grande espazo das fantásticas instalacións da Fundación, e ten moitos paneis nos que aparecen carteis de películas e orixinais en papel e acetato dos históricos debuxos animados americanos. Walt Disney, Tex Avery, a Warner, Hanna Barbera, despois xa noutra onda Ralph Bakshi e moitos outros.

Pero fun varias veces (e as que faltan) porque teñen uns 5 ou 6 espazos onde proxectan debuxos animados clásicos ou documentais sobre os mesmos, en lugares en xeral moi acolledores. Xa estiven vendo un documental sobre a música da Warner (curradísima, nunca me decatara) e outro con debuxos animados moi antigos, debían ser dos anos 30 u 40. Aínda voltarei para ver as outras proxeccións. E ademais coa tranquilidade e silenzo que se goza nestes espazos de exposición, que marabilla!!!

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2009 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal