Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O médico, de Noah Gordon
E para rematar o verán, amén doutras cousas que xa contarei, lin outra novela bastante grosa. Esta vez foi "El médico" de Noah Gordon, best-seller dos anos 80.

Resulta moi entretido. A calidade xa é outra cousa, pero pásase un bo rato. A esas alturas de ano non estou eu para moitas virguerías, seguramente.

Trata dun rapaz que perde ao resto da familia e é "adoptado" ou acollido por un cirurxián barbeiro na salvaxe Inglaterra do século XI. Con el aprende a curar algunhas cousas simples, a facer maxia e malabarismos, e descubre que ten un certo don para a curación.

Escóitalle falar a un médico xudeu, que non lle quere ensinar o seu saber, que en Ispahán, en Persia, hai unha academia para facerse médico onde imparte clase un gran sabio árabe chamado Ibn Sina (Avicena).

E parte para alá, pasando grandes aventuras. Para min, que me gusta moito viaxar, a parte do libro onde conta o seu traslado dende as Illas Británicas ata Persia, cruzando por Centro Europea e parte de Asia, é todo un gozo.

Ofrece bos ratos se non te preocupa demasiado a calidade literaria.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2008 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal