Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxes O Lóstregho en Irlanda

Hai uns días, unha expedición de Viaxes O Lóstregho visitou a terra irmá de Eire, para comprobar a posible relación entre as nosas culturas.

Pasamos cinco días completos alí (e fragmentos doutros dous, pero apenas aproveitables para visitar nada). Os tres primeiros dedicámolos á capital Dublín. E cada un dos outros dous dedicámolos a visitar os dous paraxes naturais máis sobresaíntes da illa: a Calzada dos Xigantes e os Acantilados de Moher.

Aí vai unha breve descrición da viaxe durante eses cinco días:

- Día 1: Primeiro visitamos a prisión de Kilmainham, onde foron executados varios dos cabecillas do Levantamento de Pascua de 1916 (están celebrando o centenario), que deu lugar á súa independencia poucos anos despois. Despois visitamos o museo da cervexa Guinness. A continuación visitamos o museo do whiskey Jameson. E para airearnos un pouco, rematamos o día dando un paseo polo xigantesco Phoenix Park.

- Día 2: Comezamos visitando a catedral máis antiga, a de Christ Church. E a continuación, a outra catedral, a de San Patricio. Despois visitamos o Castelo polos espazos abertos, e despois fixemos o mesmo polo Trinity College. Despois visitamos os principais parques da zona sur, zonas de marcha como o Temple Bar (había moita animación a media tarde porque ese día xogaba na cidade o Celtic de Glasgow contra o Barcelona), percorremos o río Liffey ata o porto e tamén lle fixemos unha visita á importante pero curta rúa O'Connell.

- Día 3: Dedicamos este día a dar unha grande volta á cidade visitando monumentos "secundarios" ou entrando en lugares nos que aínda non puidéramos facelo polas longas colas. Primeiro visitamos o libro de Kells e a Old Library do Trinity College. Despois fomos cara ao Aviva Stadium, no sur, e cruzámonos co Grand Canal e o río Dodder. Despois paramos na maxestosa Grand Canal Square. Cruzamos á outra beira do río Liffey para chegar ata Croke Park, despois de cruzarnos co Royal Canal e o río Tolka.

- Día 4: Entramos no Ulster nunha excursión organizada en grupo para visitar varios monumentos naturais. A primeira parada (moi breve) foi no Dunluce Castle, onde se gravou algunha escena de "Xogo de Tronos". A última parada foi nos Dark Hedges, pola mesma razón. Agora imos ao importante. A razón principal da excursión era a Calzada do Xigante. Consiste nun pequeno cabo entre varias praias de pedra, formado por unhas 50.000 columnas de basalto de caprichosas formas xeométricas (pentágonos e hexágonos). E rematamos o día cunha visita ao curioso lugar chamado Carrick-a-rede. Consiste nunha pasarela de cordas duns 20 metros de lonxitude para pasar a uns peñascos da costa onde hai pesquerías de salmón. A experiencia de pasar pola pasarela é moi atractiva.

- Día 5: Fixemos unha visita que tiña como parada única os impresionantes "Cliffs of Moher", uns acantilados duns 200 metros de altura e 8 quilómetros de lonxitude, que se poden percorrer completos por enriba. As perspectivas que amosan son inesquecibles.

Algún día se proxectará unha selección de fotografías no lugar habitual, na A.C. Alexandre Bóveda.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2016 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal