Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os descartados: a maxia coas cartas de Kiko Pastur
Un fantástico mago vive na Coruña. E actúa e dá clases na Tuerka 27, local no que a maxia (incluso mesturada co teatro) ten cada vez máis peso.

Onte asistín a un espectáculo del do que se chama "maxia de cerca". Cunha pequena mesa cun tapete estivo facendo trucos de cartas durante cerca dunha hora. Ademais había unha cámara que estaba sempre enfocando á mesa e cuxa imaxe podía verse nunha televisión grande que estaba detrás del. No espectáculo, el non di nin unha soa palabra, soa a música e, entre número e número, vai pasando as follas dun álbum no que hai uns estraños debuxos.

E os trucos que fixo eran similares aos que vedes neste vídeo. Alucinantes.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2014 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Recei contigo
O outro día presentouse na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña un novo caderno da Colección Xalgarete, editado polo Centro Xuvenil Amencer, dependente dos Salesianos de Ourense, que fala sobre a figura de Alexandre Bóveda.

Pode chocar a unión entre un centro cristiano e a figura dun dos líderes históricos do nacionalismo, pero o certo é que Alexandre Bóveda era cristián practicante, e nese centro xuvenil teñen devoción por este "santo", así que derruban barreiras que para moitos son infranqueables.

Viñeron de Ourense Xulio César Iglesias e Xoán Soutullo, de Lugo Xabi Blanco, e tamén participaron na presentación Victorino Pérez Prieto e Rubén Aramburu.

Concretamente este novo caderno (non é o primeiro que dedican a Bóveda), trata sobre a súa vertente cristiá. Nunha das últimas cartas que escribe a noite que o fusilaron, despídese da súa muller coa emotiva frase "Recei contigo", que dá título a este caderniño.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2014 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal