Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Recital poético de Ánxeles Penas e Henrique Rabuñal
No mes de xuño, o recital poético da serie "Poetas coruñeses" que estamos levando a cabo no 2009 na A. C. Alexandre Bóveda, convocou a Ánxeles Penas e Henrique Rabuñal.

Como sempre, unha gran asistencia de público, desa xente que aínda vibra co recitado poético. Especie en perigo de extinción.

Precisamente, no debate posterior xurdiu esa pregunta: que papel fai a poesía nun mundo tan inhumano coma este?

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 12-07-2009 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Eleccións europeas
Normalmente eu non falaría aquí das últimas eleccións que se celebraron. Pero estas foron para min especiais por unha razón: foi a primeira vez que me tocou estar nunha mesa electoral.

Segundo as lendas urbanas, é relativamente probable (dicir isto e nada é máis ou menos o mesmo) que me toque bastantes veces nos vindeiros anos. Haberá que irse preparando entón.

Debido a ser a primeira vez, resultoume relativamente ameno, pero ten toda a pinta de ser un coñazo cando xa perde a graza. Ademais nestas non houbo moita participación, así que se fixo máis levadeiro. É un traballo máis aburrido que canso.

Eu era primeiro vocal e, por sorte, os dous compañeiros de mesa eran bastante agradables. Xa non se pode dicir tanto dos apoderados e interventores que nos tocou sufrir. Sobre todo, no reconto, cando se lles crispan os nervios e esixen que se lle dean copias de todas as actas habidas e por haber. E como o papel autocopiativo xa resulta bastante pouco eficiente a partir da segunda folla, hai que repetir máis actas para que todos poidan levarse a información lexible. Hai xente ben aburrida, oh...

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2009 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
AAAGP
Hai unhas semanas inauguramos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda unha curiosa exposición.

Está promovida pola AAAGP (Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesas). Consiste en pequenas obras en formato DIN A4, e o tema é o MEDIO AMBIENTE.

É unha bienal que nesta edición trata sobre ese tema e chegaron colaboracións de moitas partes do mundo. É para nós un privilexio que esta exposición sexa estreada neste local.

Como esta xente é moi activa, seguro que a colaboración con eles dará lugar a moitas máis actividades conxuntas no futuro.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 12-07-2009 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Kvetch
Hai algún tempo fun ver unha curiosa obra de teatro. Titúlase "Kvetch" e foi representada por Teatro do Morcego e Seiva-Trupe (este último é un grupo portugués).

É unha obra dun autor americano chamado Steven Berkoff, e fai fincapé na ansiedade e no estrés da sociedade americana actual. A familia que protagoniza a obra é xudea. Aínda que non é o máis importante, nin moito menos, lembro que me chamou a atención algún comentario que se facía por alí.

Tamén me chamou a atención que algunha xente se foi no medio da obra, incluído un grupo algo numeroso de 10 ou 12 persoas. Non acadou as cotas da película "Eraserhead" (ver algo máis abaixo), pero é salientable.

Era bastante transgresora e algo bruta, pero tampouco era para tanto. Hai xente moi brandiña polo mundo adiante.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2009 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Vacacións de ferragosto

Hai pouco fun ver unha simpática e sinxela película italiana (ademais, supoño que moi barata) que me/nos agradou moito.

Chámase "Vacacións de ferragosto" e parece que foi un empeño persoal de Gianni di Gregorio (ao que, obviamente, eu non coñecía previamente). É o director, un dos guionistas, o actor principal...

Trata dun home que coida á súa nai, que non parece estar en moi boa situación económica, con bastantes débedas, a quen lle aparece pola porta o administrador da casa onde vive. Faille o trato de perdoarlle parte da débeda se queda ao cargo da súa nai durante a fin de semana (e no lote tamén vai a tía, pero el non o sabe). Ao día seguinte pásalle o mesmo co seu médico.

Eses días tan conflitivos son o ferragosto, os días centrais do mes de agosto, os máis calurosos do ano e que deben ser festivos en Italia.

Ao final acaba afacéndose á situación mellor do que pensaba e incluso alongándoa.

Saúdos.
Ficha da película na Internet Movie Database
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2009 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros arden mal
A finais de maio celebrouse un acto no que se "teatralizaban" e "musicalizaban" algúns fragmentos da obra "Os libros arden mal" de Manolo Rivas.

Obviamente os fragmentos eran lidos por el e contaba coa colaboración musical, principalmente, de Gastón Rodríguez, Marcos Meléndrez e Pulpiño Viascón.

Resultou tremendamente grato asistir a este evento.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2009 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Este ano tocaba dobrar Indiana Jones
Como todos os anos, fixemos un vídeo para a cerimonia de despedida dos alumnos de 2º Bacharelato do centro onde traballo.

E entre todo o que se proxectou, sempre metemos escenas dobradas dalgunha película famosa. Este ano era a quenda de Indiana Jones, e eliximos o tema do SuperDepor para que todo o mundo puidera seguir e entender os diálogos mínimamente.

Agardo que pasedes un bo rato. Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Novo libro sobre Alexandre Bóveda, a cargo de David Otero
David Otero escribiu un novo libro sobre Alexandre Bóveda. Titúlase "Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración". Foi editado por Laiovento.

A presentación na Coruña foi espectacular. Na mesa estaban David Otero, Pancho Pillado, Avelino Pousa Antelo, Xoán Xosé Fernández Abella, Mini e Mero.

O local, cheo, como era de esperar.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 08-07-2009 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Torneiro e Luz Pozo
En maio tivemos un novo recital de poetas coruñeses, o ciclo co que levamos dende xaneiro na A. C. Alexandre Bóveda.

Esta vez tocáballe o turno a Manuel Álvarez Torneiro e Luz Pozo Garza. De novo, unha grande asistencia de público para esta idea que está tendo o éxito esperado. Os dous poetas veteranos agradaron moito no seu recital.

Como curiosidade, diremos que unha das asistentes sufriu unha leve lipotimia que obrigou a chamar ás asistencias. Sería pola alta tensión poética??

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 08-07-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua galega
En maio celebramos ou celebráronse, ou participamos, en diferentes actos de fomento e defensa da lingua galega, que boa falta lle fai despois de tantos ataques estúpidos que está sufrindo nos últimos tempos.

Comezamos de novo na A. C. Alexandre Bóveda cos nosos "Faladoiro e Farra". O primeiro deles foi a comezos de maio, e estivo dedicado á lingua galega. O especialista que nos ilustrou neste caso foi Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Uns días máis tarde asistín cos alumnos do meu colexio ao Correlingua. Este ano, por fin, ganamos o concurso de pancartas, pero coa obra de arte que levabamos era difícil non conseguilo. Tanto é así que xa está colgada no Museo Emilia Pardo Bazán e aí estará todo o vindeiro curso.

E despois moitos fomos á manifestación do 17 de maio en Santiago. Eu xa había varios anos que non podía ir. Pero esta vez era necesario ir, dada a grave situación. E sei de moita xente que asistiu e que normalmente non o fai. A cousa está que arde, e só está comezando.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 08-07-2009 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal