Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Excursión escolar a Madrid |
|
 Un ano máis, fixemos a excursión colexial a Madrid, cos nosos alumnos de 4ºESO.
Parece que cada ano imos afinando mellor os mecanismos, e este ano a xente quedou moi contenta. O ano pasado tamén pasara o mesmo, pero está claro que cada ano apretamos mellor os resortes e todo flúe mellor.
O programa da visita foi o seguinte:
- 1º día: Desprazamento da Coruña a Madrid, con parada para xantar (Restaurante Tres Siglos) e breve visita en Ávila. O hotel contratado era o Hotel Alcalá Plaza, que está nun polígono comercial ás aforas de Alcalá de Henares, un fantástico hotel.
- 2º día: Comezamos cunha visita ao Museo do Prado, a media mañá, despois fomos xantar ao Hard Rock Café, despois unha visita guiada panorámica en autobus. Despois disto, demos un par de horas de descanso e tempo libre polo centro de Madrid, e despois fomos ver o musical "O Rei León", e ao rematar fomos cear a unha taberna alemá na Praza de España.
- 3º día: Pola mañá fomos esquiar ao Centro Comercial Xanadú, e xantamos alí mesmo no MacDonald's. A primeira hora da tarde, visitamos o Palacio Real. Despois deixamos tempo libre e voltamos para cear no hotel.
- 4º día: Comezamos o día visitando o Museo de Cera, e despois marchamos para o Parque de Atraccións, onde pasamos o resto da xornada. Xantamos no buffet do Parque, que non está mal.
- 5º día: Volta para Coruña, parada a xantar (impresionante restaurante Convento de Mínimos, que como di o nome, era un convento) e visita a Segovia.
Saúdos. |
|
|
|
|
|
|
|
|