Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Microtoponimia da Torre de Hércules
Hai unhas semanas presentouse na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o folleto e o vídeo sobre microtoponimia da Torre de Hércules.

Foi un traballo proposto pola agrupación, levado a cabo baixo a organización de Xurxo Souto, e documentado coa sabiduría do percebeiro Emilio Mariñas.

O folleto pode recollerse no noso local e o vídeo presentouse aquel día, foi realizado polo noso directivo Xosé Cruz.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 18-06-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Carmen Rey
Hai unhas semanas fun ao Garufa a ver o concerto final de curso da academia de canto que ten a magnífica cantante coruñesa Carmen Rey.

Pasaron 10 rapazas (pódese facer perfectamente o xenérico femenino xa que só un era varón) que demostraron o seu bo facer e o da súa profesora. Incluso estaban algunhas que xa teñen unha certa fama ou están conqueríndoa como Olga Kirk ou Alba Clemente. E todos foron presentados e louvados pola súa excepcional profesora.

Déixovos cunha canción dela.

Saúdos.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
18 comidas
O outro día fun ao CGAI a ver unha película galega que levou moitos premios ultimamente e que tiña ganas de ver. Titúlase "18 comidas" e foi dirixida por Jorge Coira, que ao final da proxección estivo alí respostando amablemente ás preguntas do público.

O título supostamente vén (aínda que eu non levei a conta) de que hai 6 grupos de persoas que representan diferentes escenas dos que se ve o almorzo, o xantar e a cea durante un día. Eu xuraría que había algún grupo máis que eses 6, e que dalgún deles non se veía algunha das 3 comidas, pero dá igual. Jorge dicía que na película saían 18 actos culinarios e eu tampouco son quen para discutilo, non levei a conta.

Obviamente, esa é unha escusa coma outra calquera, o caso é contar as historias e ver como se relacionan entre si. Mentres hai grupos que non se mesturan cos outros, hai algúns que si se van cruzando ao longo do día.

E polo que estivo contando o director, o realmente complexo e revolucionario era o guión. Obviamente, cada grupo de actores, só sabía a parte do guión onde participaba, pero ás veces nin sequera era así. Por exemplo, nunha historia onde un dos protagonistas morría dun ataque ao corazón, algún dos actores que interviñan non tiñan a parte do guión onde constaba iso. Así que a cara que lle filmaron cando sucedía iso era absolutamente real e espontánea, sen finximento.

Non será a mellor película da historia, pero a peor tampouco, e pásase moi ben véndoa. Déixovos co trailer de "18 comidas".

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Obra de teatro sobre a Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda

Por fin!! 75 anos despois da súa morte, por fin se fai unha obra de teatro sobre a sobranceira figura de Alexandre Bóveda. E tivo que ser o magnífico grupo de teatro da asociación cultural coruñesa que leva o seu nome quen puxera en marcha este proxecto.

A obra dirixida por Xoán Carlos Mexuto, que é unha adaptación do libro do mesmo título escrito por Xerardo Álvarez Gallego, cuñado de Bóveda, foi estreada completa (antes xa se representara un fragmento) o venres 27 de maio de 2011 no Certame de Teatro do Colexio Calvo Sotelo da Coruña.

Foi a obra do certame que máis público reuníu, e deixou un fantástico sabor de boca aos que tivemos a posibilidade de vela aquel día. Agora agardamos que poida facerse unha xira por toda Galicia para seguir espallando a figura deste gran galeguista.

Os actores e actrices da mesma son: Josafat Jose (no papel de Bóveda), Isabel Vidal, Áurea González, Pepe Rodríguez, Moncho Iglesias, Elsa Almenas, Eva Fórneas, Lydia Ramos, Carlos Lauente e Patri Cameán.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 18-06-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
O libro, a canción e a película de Xabier Docampo
Hai xa algún tempo o escritor e querido amigo Xabier P. Docampo achegouse á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para contarnos cal era o seu libro, canción e película favorita. Foi unha velada deliciosa e vouvos contar o que nos dixo.

En canto ao libro, moitos estivemos bastante de acordo con el, polo menos parcialmente, para el o máis importante foi "A illa do tesouro" de Robert Louis Stevenson. Déixovos un fragmento dunha das últimas versións cinematográficas realizadas, no ano 1990.





En canto á película, contounos de principio a fin unha película mítica da que xa oín falar moitas veces, pero que aínda non puiden ver enteira: "A noite do cazador", a única película dirixida polo grande actor Charles Laughton e protagonizada por Robert Mitchum. Déixovos un fragmento.





E en canto á canción, el tiña unha dúbida entre dúas, que vou poñer aquí. Eran "Los ejes de mi carreta" de Atahualpa Yupanqui, e "Ne me quitte pas" de Jacques Brel. Póñovos as dúas.








Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 18-06-2011 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal