Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viento en Popa (quinteto de solistas da OSG) na Praza das Bárbaras
Por unha felíz coincidencia, hai uns días atopeime nunha mañá de domingo na máxica Praza das Bárbaras da Coruña (na foto) escoitando música clásica.

Os intérpretes eran un quinteto de solistas da Orquesta Sinfónica de Galicia, chamado Viento en Popa e formado por:
- Claudia Walker, frauta
- Casey Hill, oboe
- Juan A. Ferrer Cerveró, clarinete
- Steve Harriswangler, fagot
- David Bushnell, trompa

Tocaron pezas de Mozart e Claude-Paul Taffanel.

Unha marabilla de interpretanción nun entorno tan abraiantes como as Bárbaras.

Saúdos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2010 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Luis Seoane
Na magnífica sede da Fundación Luís Seoane, moi cerca do Xardín de San Carlos da Coruña, e entre o Hospital Abente e Lago (antes Hospital Militar) e a igrexa da Orde Terceira, onde antes había un cuartel onde se atopaba a "caixa de reclutas", están celebrando que se cumpren 100 anos do nacemento do eminente artista que lles dá nome, para facer unha retrospectiva sobre parte da súa obra e testemuñas.

É bastante completa, aínda que nunha persoa tan polifacética e produtiva como Luís Seoane, é bastante difícil conseguilo, faría falta un espazo inmenso para ser exhaustivo.

Recomendamos a visita desta gran exposición. Dada a efeméride, é previsible que estea todo o ano 2010, supoño.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Anxeliños
O outro día fun ao teatro (levaba xa algún tempo sen tocarme) e decidinme por ir ver unha obra que apuntaba boas maneiras.

Era a obra "Anxeliños", de Roberto Vidal Bolaño, representada por Espello Cóncavo, e dirixida por Arturo López. O elenco de actores é moi bo: Manu Fernández, Isabel Risco, Fernando Morán, Estíbaliz Veiga e Rodrigo Roel.

Vén tratando dunha empresa de cobro de morosos que está pasando por momentos difíciles e que ten que botar man dalgunhas axudas e colaboracións non moi agradables para poder saír adiante.

A verdade é que non me chamou moito a atención. Non sei se é que esperaba moito da obra, ou que a idea daba máis de si e non a aproveitaron demasiado, pero teño a sensación que foi a obra desta gran compañía da que teño saído máis frío.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Faladoiro con Carlos Vales sobre o cambio climático
Hai unhas poucas semanas tivemos de novo o pracer de compartir un faladoiro no Club do Mar, o que facemos sempre o primeiro venres de cada mes.

Esta vez o tema era o cambio climático e o experto invitado era Carlos Vales, director do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), con sede no máxico castelo de Santa Cruz.

Como é habitual, saímos marabillados do encontro, e aprendemos moito sobre este fenómeno que leva tempo afectándonos (provocado por nós) e máis que nos afectará.

Por certo, aproveitamos para avisar que no mes de xuño, concretamente os días 10, 17 e 24 (sempre en xoves) na A. C. Alexandre Bóveda faremos un ciclo sobre Cambio Climático, do que xa informaremos.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
CEIDA
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-05-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Paulo Carril e a situación laboral na comarca da Coruña

Hai unhas semanas, Paulo Carril, responsable da CIG na comarca da Coruña, deu unha charla na A. C. Alexandre Bóveda na que informou sobre a situación laboral na comarca da Coruña.

Falou de temas moi interesantes como o conflito de Caramelo, o de Sykes e algúns outros. Desmitificou moitos aspectos sobre a crise e deixou ver aínda máis claramente o que xa todos vemos ou intuímos, que segue habendo ricos que seguen enchendo os petos a conta dos demais, e aínda din que son as víctimas.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-05-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua en Silleda
Un ano máis, a finais de abril, celebrouse nun lugar central de Galicia a Festa da Lingua, que é onde se entregan os galardóns do Premio Literario "Frei Martín Sarmiento".

Premio literario no que varios milleiros de rapaces galegos, todos eles alumnos de colexios relixiosos, fan de xurados en diferentes categorías (por idades) e deciden cal é o mellor libro galego publicado o ano anterior.

Este ano, por primeira vez, celebrouse no Recinto Feiral de Silleda, que eu non coñecía, pero que é xigantesco e con moi boas instalacións.

Como cousas máis salientables, ademais dos escritores ganadores, estiveron as charlas que deu o actor galego Rubén Riós e a actuación do grupo galego de hip-hop Som do Galpom.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (0) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 21-05-2010 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Patrick Molard na Coruña
No mes de abril, e celebrando o Día do Libro, tivemos o privilexio na cidade da Coruña de poder ver e escoitar, diante do Kiosco Alfonso, ao excepcional gaiteiro bretón Patrick Molard.

Déixovos un video que atopei en Internet onde amosa a súa maxistral destreza.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Kosmogonías, o novo disco de Berrogüetto
Hai pouco presentouse algo que moitos levabamos tempo esperando: o quinto disco do fantástico grupo galego Berrogüetto.

Titúlase "Kosmogonías" e ten como gran novidade que é o primeiro no que o cantante é Xabier Díaz.

Déixovos coa canción "Maneo de Arnados-Líridas de abril".

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2010 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición sobre Atapuerca
Por desgraza, xa se clausurou unha magnífica exposición sobre as excavacións de Atapuerca que estivo un par de meses na Coruña.

Na foto vedes aos tres directores do proxecto. De esquerda a dereita, están Eudald Carbonell, José María Bermúdez de Castro e Juan Luis Arsuaga. Uns profesionais marabillosos deses que é difícil que caian xuntos no mesmo país.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2010 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Faladoiro sobre a igrexa galega con Victorino Pérez Prieto
O mes pasado tivemos o habitual faladoiro-tertulia, esta vez foi co eminente teólogo Victorino Pérez Prieto, que falou sobre "O movemento cristián galego: unha igrexa de base que existe e resiste".

Basicamente tratou de facer patente que existe un movemento cristián galego e galeguista que, por todas estas características, ten unhas relacións moi tirantes coa xerarquía católica.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 21-05-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal