Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto do pianista José Manuel Fernández en Cecebre

Hai xa máis dun mes fun a Villa Florentina, en Cecebre, a carón da súa fraga, onde se atopa a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Os que pasedes asiduamente por aquí, que algún haberá aínda que non dea probas da súa existencia, xa sabedes que é un dos meus refuxios preferidos.

Esta vez fun a un concerto dun pianista. Polo que dixeron alí, este pianista ía acompañar a unha cantante de ópera, pero ela estaba enferma e tivo que actuar el só. E bastouse. Tocou pezas de Bach, Schumann, Puccini, Rachmaninoff, Mussorgski, Gershwin, Liszt, Pachelbel e el mesmo, e as súas non desmerecían demasiado, nin moitísimo menos.

Por certo, o pianista chámase José Manuel Fernández González, e aparte da súa sólida formación clásica, tamén tocou nalgún grupo de folk como Arco da Vella.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Nani García en PALEXCO
Hai xa tamén algún tempo fun a PALEXCO a un acto organizado polo Parlamento Galego. Ademais dos típicos discursos políticos de rigor, houbo música.

A base do concerto foi unha actuación do pianista Nani García con amigos seus. Tocaron cousas moi variadas, entre elas unha versión da música de "Pratos combinados" (que foi obra del) e música da marabillosa película "De profundis".

A peza final desa película é a que vedes neste video daquel mesmo día, interpretada pola soprano moldava Clara Jelihovski, á que xa vin actuar unha vez en Villa Florentina, en Cecebre. Marabillosa.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Richard Galliano no Pazo da Ópera
Hai xa algún tempo -levo algo de atraso no pendurar dos artigos- fun ao Pazo da Ópera da Coruña a ver o concerto do acordeonista francés Richard Galliano.

Era no Ciclo de Jazz da Fundación Barrié, que organiza grandes colas para recoller as súas gratuítas entradas. Pero este non debía ser un dos concertos máis esperados, porque cheguei á cola só dúas horas antes de comezar o reparto e conseguín unhas das primeiras 25 ou 30 entradas.

Non estivo mal pero a actuación do grupo foi demasiado jazzística, e ese estilo non é santo da miña devoción. Fun ao concerto porque o acordeón é o meu instrumento favorito (beatificación para Kepa Junkera XA) e por ver en Youtube pezas como este "Libertango".

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo
A comezos de abril estreouse na Coruña a película galega "Pradolongo". No local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda fixeron unha das presentacións na nosa cidade.

A verdade é que unha das cousas máis engaiolantes da película é a súa presentación. Aínda que é unha produción moi modesta, que o director e os tres actores principais da mesma veñan á túa "casa" a falarte da película, a animarte a vela, a proxectar un trailer e a participar nunha amena tertulia, está claro que dá moitos folgos e azos para facer o esforzo.

Ademais, son unha xente encantadora (imaxinádesvos como sairía ese experimento se foran desagradables??). Estiveron alí moito tempo asinando autógrafos, charlando coa xente.

Esa mesma semana fun vela. Paréceume algo frouxa, sobre todo porque a trama me pareceu moi "simplona". Ese é o problema dos anos de bombardeo de guións e tramas cada vez máis elaboradas no cine e na literatura. Xa non queda nada da suposta inocencia orixinal. Pero os actores non estaban mal, a fotografía e as paisaxes espectaculares (lóxico, sendo Valdeorras o esceario), e moi interesante o feito de falar os actores en valdeorrés.

Pero a historia pode enganchar a calquera e, ao fin e ao cabo, eu tamén opino que moito do cine comercial actual é bastante morrallento e sobrevive a base de efectos especiais.

Esta volta ás raíces non está mal. E agardo que teña éxito, e que aposten por sistemas de promoción innovadores coma o seu. Sorte.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Pradolongo
Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 10-05-2008 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Iolanda Casal fala sobre as Investigadoras galegas
A comezos de abril tivo lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, que teño a honra de presidir, un acto que me fixo moita ilusión: a presentación do libro "Investigadoras galegas" a cargo da súa autora Iolanda Casal.

Tendo en conta que a ciencia é menosprezada aquí e en case todas partes, e as mulleres científicas non digamos, é moi loábel o traballo de Iolanda de sacar á luz o traballo das moitas mulleres galegas que se dedican ou dedicaron á investigación.

Iolanda Casal é xornalista en El Correo Gallego.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 10-05-2008 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto e o seu novo cantante, Xabier Díaz
A finais de marzo actuou na Coruña o excepcional grupo Berrogüetto, estreando o seu novo cantante, precisamente orixinario de aquí, Xabier Díaz, que substitúe á encantadora Guadi Galego.

Como sempre, a incalculable calidade do grupo fíxose notar. O cambio de cantante tamén se nota bastante, xa que os "timbres" son moi diferentes, pero supoño que será cuestión de afacérense.

A calidade do son deste grupo é marabillosa. E soan exactamente como no disco. No rock iso non está moi ben visto pero, por sorte, isto non é rock. As cancións do disco son moi boas e queremos ouvilas tal como nos engaiolaron.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-05-2008 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal