Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DVD sobre María Mariño
Os intrépidos profesores do colexio Mª Assumpta, de Noia, realizaron este ano un interesantísimo DVD con unidade didáctica incorporada sobre María Mariño, noiesa de nacemento. Nese video hai entrevistas con xente da zona que a coñeceu en persoa.

Será repartido en todos os colexios relixiosos de Galicia, para favorecer e facilitar o sempre complicado traballo dos Equipos de Normalización Lingüística.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (4) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 27-04-2007 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Subida ó Monte Xalo
Este domingo iremos de excursión ó Monte Xalo guiados pola xente da asociación cultural e deportiva "A Pedrosa" de Culleredo.

Sairemos de Orro, subiremos ó Petón do Xalo (creo) e baixaremos a xantar a Celas, todo no concello de Culleredo.

É unha xornada de confraternización entre os grupos sendeiristas da comarca. Seguro que será un gran día.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 27-04-2007 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Enerxías renovábeis
O mércores 25 de abril de 2007 (aniversario da Revolución dos Caraveis) a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza unha mesa redonda sobre as enerxías renovábeis e o desenvolvemento sostíbel.

Será moderada por André Porto e participarán D. Anxo Calvo Silvosa, Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, un representante da asociación ecoloxista ADEGA e un representante da Asociación de propietarios de terreos VENTONOSO.

Será ás 20 horas na Aula de Cultura de Caixa Galicia da Coruña (Médico Rodríguez, s/n).

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-04-2007 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre María Mariño
O martes 24 de abril de 2007 Pilar García Negro, gran amiga da casa, falará na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sobre María Mariño.

Un bo momento para saber algo máis sobre a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano a cargo dunha experta.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-04-2007 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía de Miguel Sande
Miguel Sande.O martes 10 de abril presentamos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o último poemario de Miguel Sande, titulado "Hoxe que vén o vento do sur".

Miguel Sande é o delegado da Voz de Galicia na Mariña Lucense. Tamén é autor de teatro. Xa presentou connosco un libro anterior de teatro editado por Biblos. O seu teatro é difícil, arriscado. Se cadra está moi relacionado coa súa poesía.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 09-04-2007 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Catalunya is fine
Fontes de Montjuïc
Ola xente, xa estamos aquí de novo. Estivemos por Catalunya, onde todo andaba un pouco húmido, pero xa voltamos para que non vos sintades tan sós.

Para que non digades que mentimos, deixaremos probas de que realmente estivemos alí. Esta foto que vedes foi sacada na Fonte Máxica de Montjuïc na noite do venres 6 de abril, cerca das 9 da noite.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2007 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal