Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Misterio cómico
Hai xa unhas semanas, fun ao Fórum Metropolitano atraído pola representación que alí había. Era o "Misterio cómico" de Darío Fo, coa compañía Teatro do Morcego, capitaneada por Celso Parada.

A verdade é que moitas das circunstancias da obra resultaban moi atractivas, pero realmente a cousa resultou bastante decepcionante.

Darío Fo sempre é un autor a ter en conta, e "Misterio cómico" é unha obra que ten unha certa fama. Teatro do Morcego é unha compañía con longa traxectoria, e que dicir de Celso Parada.

Que pasou entón? Pois pasou que se o teatro habitualmente está en crise, en Galicia máis, e nos últimos anos nin che conto. E todo parece indicar que Celso Parada ten estómago dabondo como para "sacar adiante" unha obra coma esta sen nada no escenario, enchéndoo coa súa presenza.

Ben, Celso Parada xa ten unha idade, e penso que xa non ten a voz como a tivo no seu momento, así que poñerse a facer moitas voces diferentes, como lle sucede nesta obra, xa lle queda un pouco lonxe. Se a isto lle unimos ningún vestiario e nada de atrezzo nin decorados, a obra de Darío Fo non dá tanto de sí como un pensaba.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-03-2016 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
O rei
Hai xa algún tempiño, veu ao Teatro Colón da Coruña a compañía Teatro del Barrio para representar a obra "O rei".

Esta compañía, na que parece que están Alberto San Juan e Willy Toledo (antes estaban en Animalario, se cadra é unha evolución daquel proxecto), segue facendo obras baseadas na situación política deste país nas últimas décadas.

Con esta breve explicación, xa vos imaxinaredes de que vai "O rei". Basicamente, é unha especie de biografía de Juan Carlos I, sacándolle todas as vergoñas que poden, que non son poucas.

Sendo ese o punto de partida, xa se intúe que a cousa non estivo mal, pero a min pareceume pouco. O que pasa é que lle vexo tantos defectos ao personaxe e á situación, que calquera cousa me parecería pouca, está claro.

Do rei fai Luís Bermejo, Willy Toledo está por alí facendo moitos papeis diferentes, e o mesmo lle sucede a Javier Gutiérrez (que substituíu a Alberto San Juan na Coruña)

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-03-2016 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal