Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Shine + Lamprologus
Para celebrar os 18 anos da emisora CUAC FM, entre outras cousas, fíxose un concerto no Mardigras.

Primeiro actuou o grupo coruñés Shine, que parece que está comezando a gustar moito.

E a continuación actuou o grupo madrileño Lamprologus, que hai 3 anos ganou o Concurso de Maquetas de CUAC FM.

Déixovos cuns vídeos destes dous magníficos grupos.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2014 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
As do peixe
Xa había tempo que oíra falar moi ben da obra "As do peixe", que vimos o outro día no Teatro Rosalía da Coruña. E tiñan toda a razón, pasámola en grande véndoa.

As catro fantásticas actrices, Susana Dans, Mónica Camaño, Casilda Alfaro e Rocío González, dan vida a catro mulleres que traballaron na conserva e que agora lembran a súa azarosa vida laboral.

E tendo como base un texto de Cándido Pazó e a dirección de Cristina Domínguez, o éxito estaba case asegurado.

Se tedes posibilidade, non a perdades.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2014 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Deusa tola
Onte fun ver ao Fórum Metropolitano da Coruña a actuación do grupo de música medieval Deusa Tola, que pode considerarse coruñés.

Fórmano Susana de Lorenzo á voz, Xoán Piñón á guitarra (tamén forman parte de Doa), Eduardo Coma ao violín (tamén o toca en Luar na Lubre) e Tony González á percusión (polo menos foi quen tocou o outro día, non é quen se ve neste vídeo).

A maior parte do espectáculo trata de música medieval, pero ás veces sáense desa línea. Por exemplo, nesta ocasión tocaron unha canción de Eric Clapton e outras dos Beatles.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2014 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
A rosa d'Adina
Despois da disolución de Berrogüetto, se ACadaCanto non é o mellor grupo que queda na Galiza, moito non lle debe faltar. E como onte viñan tocar a Coruña, non se podía faltar.

Facíano para presentar un EP con seis pezas de Rosalía de Castro musicadas por eles. Este ano e o anterior moitos músicos galegos fixeron iso mismo, con grande acerto en xeral, e ACadaCanto non ían ser menos.

Para quen non os coñeza, os integrantes son:

- Guadi Galego, voz, foi a primeira cantante de Berrogüetto.

- Xabier Díaz, voz e pandeiro nalgunhas pezas, foi o segundo cantante de Berrogüetto, aparte de ter presentado varios discos en solitario e formar parte de moitos proxectos paralelos. Multi-instrumentista, que ademais de percusión, tamén tocar gaita e acordeón, aínda que neste grupo non o fai.

- Guillerme Fernández, guitarrista de Berrogüetto, Espido, e algúns outros proxectos.

- Xosé Lois Romero, neste grupo é o acordeonista, aínda que tamén tocar percusión e gaita, e forma parte doutros proxectos como Vaamonde, Lamas e Romero, no pasado de Terrabieita, etc.

Esta combinación só pode dar lugar a marabillas. Déixovos dous vídeos. O primeiro titúlase "Aló", e é unha das seis pezas do novo EP titulado "A rosa d'Adina" (Adina é o nome do primeiro cemiterio no que estivo soterrada Rosalía de Castro). E o segundo é "Teu nome por mar e por terra", que é a primeira canción do disco anterior (e primeiro) que sacou esta formación, e que é considerada por moita xente unha auténtica xoia.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
As cartas das anduriñas
O outro día achegámonos ao Ágora da Coruña para ver unha obra de teatro que tiña moi boa pinta. O título orixinal en castelán era "Cartas de las golondrinas" e foi representada polo grupo cántabro Escena Miriñaque.

As actrices Esther Aja e Patricia Cercas recrean as cartas que escribían a comezos do século XX os emigrantes españois que querían seguir en contacto cos seus familiares. E ao final tamén fan referencia ao fenómeno contrario, a inmigración que visitou en masa o noso país nas últimas décadas, que se atopou en situacións parecidas.

A min, o texto acabou cansándome un pouquiño, pero hai que recoñecer que a actuación das actrices e a escenografía eran autenticamente flipantes. Cónstame que a algunha xente, todo o espectáculo lle gustou moito.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
O que hai que facer para non ir ao mar
Está rematando a campaña de micro-mecenádego coa que Iago e Uxía Vázquez, os fillos dos falecidos actores Tuto Vázquez e Mariajo Mosteiro, pretenden rodar un documental sobre a historia do teatro galego.

Este interesante documental titúlase "O que hai que facer para non ir ao mar" porque Tuto, que era de Ribeira, dicía iso con frecuencia, xa que toda a súa familia era de mariñeiros, e el non quería selo, e estaba disposto a calquera cousa para evitalo. Polo visto, naquela zona a frase é moi célebre.

Déixovos o video da rolda de prensa de presentación inicial que fixeron en Casa Hamlet, aínda que tamén estiveron na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e no seu programa de radio "Recendo", e tamén fixeron presentacións en Santiago e Vigo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Racconto, de Mayumaná
O que vedes no vídeo é o impresionante comezo do espectáculo "Racconto" do grupo israelita Mayumaná, que estivo no Teatro Colón da Coruña hai pouco.

Aínda que debe ser israelita por propietarios, creo que os compoñentes son de moitos lugares diferentes. Está formado por 10 persoas, 5 mulleres e 5 homes, polo menos en escena, sospeito que deben ser máis, pero a cada sesións levan 10 persoas, supoño que entre todas as que teñen dispoñibles.

A min gústanme moito os grupos de percusión, aínda non hai moito falei aquí do grupo xaponés Tao, que vin no Coliseo hai uns anos, e do que gardo un DVD na casa.

Pero Mayumaná non é só iso. Aparte do importante peso da percusión, tamén fan outras partes do espectáculo que se apoian máis no video, na música e incluso na coreografía, e por ese lado non me gustaron tanto, penso que o espectáculo perde algo de forza, polo menos para min.

Así que o comezo que vedes prometía moito, pero a sensación final non foi tan boa como esperaba. De feito, estou intentando lembrar outras partes do espectáculo, e apenas o consigo. E que dicir das intervencións gravadas de Buenafuente, que a moita xente lle resulta gracioso, pero a min....

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
A anarquista
Nesta historia do dramaturgo americano David Mamet, dúas actrices, Magüi Mira e Ana Wagener, representan unha entrevista na que a primeira, muller maior que foi detida hai moitos anos por formar parte dunha célula terrorista (ou algo así), pode conseguir a liberdade dependendo do resultado da súa conversa coa segunda, que é a directora da prisión na que se atopa confinada.

Dó interpretativo entre as dúas no que non queda moi claro quen ten a mente libre e que a ten pechada, a pesar da súa situación.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cociña económica, de Mofa e Befa
O outro día fomos coñecer o novo Garufa Club (onde anteriormente estiveron o Twenty Century Fox e o cine Valle-Inclán), e non puidemos facelo mellor, coa re-edición do mítico espectáculo de Mofa e Befa "Cociña económica".

O espectáculo comeza moi forte, co que podedes ver no video, as tres receitas nas que só utilizan unha soa vogal, concretamente o A, E e O. Ameazan ao final con facer receitas co I e o U. Pero non se deixa de rir en ningún momento.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Novo micro-teatro en La Tuerka 27
Unha quenda máis, fomos ver que novas obras de micro-teatro nos ofrecían na Tuerka 27. E das catro que había, dúas xa as víramos anteriormente, así que quedaban as outras dúas, que foron:

- A soga: En galego, con Mario Horro e Carlos Martín. Unha variación do texto da magnífica película de Alfred Hitchcock do mesmo título.

- A primeira vez: En galego, con Carmen Blanco e Miguel Pernas. Impresionante historia (das mellores que vin alí) sobre un home e unha muller que se coñecen nun bar e van a casa dela.

Casualmente, das catro obras que se estaban representando, tres eran en galego, raramente hai unha proporción tan alta. Parabéns por iso.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal